Mércores, 17 Setembro de 2025

Comarcas

Publicada a listaxe de admisión no «Campus Tea Nadal» de Ponteareas

A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, vén de publicar na páxina web do Concello a listaxe definitiva das e dos admitidos no Campus Tea Nadal.

O Rosal fai pública as bases da «San Silvestre Solidaria»

O Concello do Rosal organiza a «San Silvestre Solidaria O Rosal» unha proba non competitiva cun obxectivo claramente solidario xa que as e os participantes poderán achegar alimentos non perecedoiros ou xoguetes que serán recollidos durante a proba por 'Conrazones e SOS Tomiño'.

«I Bimbi Apassionati» e «I Colori dell’Armonía», este domingo no Templo Votivo de Panxón

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este domingo ás 20:00 horas no Templo Votivo de Panxón a primeira edición de 'Música do templo', que estará composto pola actuación do coro infantil-xuvenil 'I Bimbi Appassionati' e do grupo de música antiga 'I Colori Dell'Armonía'. Unha oportunidade única para gozar da mellor música en directo nun espazo realmente espectacular.

Aberta a poxa para a xestión da cafetería do Centro Social e Cultural de Atios

A comunidade de montes de Atios vén de anunciar a apertura do proceso de poxa para a xestión da cafetería do centro social, ubicado no barrio da Guía. Os interesados teñen de prazo ata o día 12 de decembro para presentar as ofertas. Deberán facelo en sobre pechado, indicando o importe ofertado, unha pequena memoria da proposta de negocio, así como o nome e un teléfono de contacto.

O alumnado do CEIP Alexándre Bóveda de Chapela ‘descobre’ a Praza de Abastos de Redondela

Nenos e nenas do CEIP Alexandre Bóveda de Chapela visitaron nestes días o Mercado de Abastos de Redondela, nunha iniciativa que tiña como obxectivo dar a coñecer, aos máis pequenos, tanto a importancia do mercado coma os produtos que nel poden atopar.

Nigrán pon fin ás constantes avarías nas tubaxes de augas residuais da Avenida de Portugal

O Concello de Nigrán está a rematar a renovación de 215 metros de tubaxe de impulsión de augas residuais na Avenida de Portugal (A Ramallosa) poñendo fin aos problemas de constantes avarías na zona –dez neste último ano– debido ao mal estado das mesmas.

A Guarda ilumínase para iniciar a programación do Nadal

O xoves día 5 de decembro a Praza do Reló acolleu as primeiras actividades programadas para o arranque da programación do Nadal 2019/20 na vila da Guarda co acendido do alumeado de Nadal. Nesta primeira xornada festiva tiña lugar, ás 18:00 h, a actuación de Mere-Clown co espectáculo 'Aparvaolimpiadas', congregando a un bo número de persoas entorno á Praza do Reló.

O alcalde de Ponteareas, satisfeito “co interese da Xunta” en cofinanciar a ampliación da depuradora

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, amosou a súa satisfacción polo “enorme interese” da Xunta de Galicia en cofinanciar a ampliación da depuradora da localidade. A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, explicou onte que ven de solicitar “a celebración dunha xuntanza urxente para que a Xunta e o Goberno de España poidan abordar conxuntamente, o antes posible, o financiamento (…) da depuradora de Ponteareas”.

A Asociación de Empresarios de Redondela presenta unha campaña de nadal marcada pola “innovación comercial”

O coidado do medio ambiente ven sendo unha constante nas campañas de dinamización comercial desenvolvidas pola Asociación de Empresarios de Redondela pero, neste caso, acentúase xa que todos os materiais empregados contan cunha distinción ambiental. Así as bolsas están realizadas en material reciclado e impresas nunha tinta totalmente inocua de base acuosa que garante o coidado do medio ambiente.

O Rosal abre unha aula de estudo no Centro Social Polivalente

A partir do vindeiro luns, día 9 de decembro, o Centro Social Polivalente do Rosal contará cunha aula que dará servizo a aquelas persoas adultas que precisen dun lugar de estudo que reúna condicións axeitadas de tranquilidade e silencio. A aula está dotada de 10 mesas de estudo, wifi e un ordenador con acceso a internet e estará aberta polas tardes en horario de 16 h a 20 h.

A Guarda abre a inscrición para o curso de preparación das probas libres da ESO

O Concello da Guarda abre o prazo de inscrición para un curso de formación de persoas adultas co obxectivo de preparar aos alumnos e alumnas para a obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou ESO. O inicio das clases está marcado a partires do mes de decembro de 2019.

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle o sábado do primeiro «Bingo Solidario de Nadal»

O Concello de Nigrán ofrece este sábado no Auditorio Municipal, dentro da súa programación especial de Nadal, o seu 'I Bingo Solidario' dende as 17:00 horas e posterior concerto de Argonat Band ás 20:00 horas.