Mércores, 15 Xaneiro de 2025

Aberta a poxa para a xestión da cafetería do Centro Social e Cultural de Atios

A comunidade de montes de Atios vén de anunciar a apertura do proceso de poxa para a xestión da cafetería do centro social, ubicado no barrio da Guía. Os interesados teñen de prazo ata o día 12 de decembro para presentar as ofertas. Deberán facelo en sobre pechado, indicando o importe ofertado,  unha pequena memoria da proposta de negocio, así como o nome e un teléfono de contacto.

As bases poden consultarse na web  http://www.pedraquefala.gal onde atoparán tamén un teléfono de contacto ao que poderán chamar para resolver calquera dúbida. As bases tamén se poden consultar directamente nesta ligazón.

A cafetería dispón dun espazo interior de máis de cen metros cadrados, así como terraza cuberta, asadoiro exterior, xardín, parque infantil, pista de xogos e un amplo aparcamento. 

As ofertas deberán presentarse antes das 21:00 h do día 12 de decembro de 2019. De seguido, abriranse os sobres en presenza dos ofertantes. A xunta reitora, despois de avaliar as distintas opcións, comunicará a oferta seleccionada. Teléfono de información: 606 96 81 35