Venres, 19 Setembro de 2025

Comarcas

A Guarda volve a apostar pola posta en valor da figura de Rosalía de Castro

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades para resaltar e por en valor a figura da senlleira escritora galega Rosalía de Castro, coincidindo co Día de Rosalía(24 de febreiro de 2020). A primeira actividade será a inauguración da exposición 'Airiños Aires Rosalía' do fotógrafo Xurxo Lobato

Nigrán recibe ao alumnado francés de intercambio no «CIP Arquitecto Palacios»

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de Educación, Marina Vidal, recibiron na tarde do luns, no Salón de Plenos do Concello, aos 12 alumnos e alumnas e 2 profesores do Lycée La Province de Fécamp (Alta Normandía, Francia) de intercambio actualmente co CPI Arquitecto Palacios de Panxón.

Club Natación Ponteareas, facendo historia

O Club Natación Ponteareas segue a escribir páxinas na súa historia. Logo de conseguir na pasada tempada o ascenso, neste curso 2019-2020 o seu Equipo Absoluto está competindo xunto a otros 5 equipos de Galicia na máxima división da Liga Galega de Clubs de Natación: a División de Honra.

«Envellecemento activo e patrimonio» nova proposta do Concello de Oia para as persoas maiores

O Concello de Oia programa unha nova proposta para as persoas maiores do municipio, neste caso un obradoiro sobre envellecemento activo e patrimonio, unha actividade que trata de combinar actividades lúdicas, participativas, de reforzamento da autoestima e da autonomía persoal co aproveitamento e compilación dos coñecementos arredor do patrimonio que posúen as persoas maiores de Oia.

Digna Rivas visita as obras de acondicionamento do novo local de Servizos Sociais

“Era un compromiso que tíñamos coa cidadanía e, como tal, para nós era de obrigado cumprimento” asegurou Digna Rivas durante a visita que realizou na mañá de hoxe, acompañada pola concelleira de Servizos Sociais, Marta Alonso, as obras de acondicionamento do que serán as novas instalacións de Servizos Sociais.

Nestor Rego reúnese en Ponteareas coa Plataforma N120

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, desprazouse este sábado a Ponteareas para coñecer de primeira man a carencia de seguridade na estrada N120, que cruza varias parroquias ponteareás soportando diariamente unha elevada carga de tráfico.

Ponteareas emprende accións contra empresas que incumpren a execución de obras municipais

O Concello de Ponteareas vén de anunciar o inicio de accións contra varias empresas por problemas derivados do incumprimento na execución de obras das que foron adxudicatarias. En concreto, o executivo ponteareán expedientes a dúas empresas polas obras da rúa San Roque e Avenida de Galicia.

Medio cento de persoas participan na Guarda na andaina e reforestación de «O Camiño Aguárdate»

A pasada fin de semana realizouse na Guarda a primeira das actividades do proxecto 'O Camiño Aguárdate', coa que o concello guardés participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e na que participaron máis de 50 persoas, tanto a veciños da Guarda, como da contorna, que fixeron un roteiro polo Camiño Portugués da Costa e plantaron especies autóctonas en terreos da Comunidade de Montes de Camposancos.

Conta atrás para o Entroido de Salceda de Caselas

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Cultura e Festexos que dirixe Alex Rodríguez, vén de publicar as bases para participar no XXII Desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará o domingo 23 de febreiro de 2020. As agrupacións de Salceda terán de prazo de inscrición do 3 ao 9 de febreiro.

O Auditorio de Ponteareas énchese de Música coas audicións do Conservatorio

Esta semana, veciñas e veciños de Ponteareas terán a oportunidade de asistir ás audicións que, con formato de micro concertos ofrece o Conservatorio Municipal de Música 'Reveriano Soutullo' é que esta tarde tiña a súa primeira cita coa audición de piano, primeiro, e posteriormente coa de violín e guitarra.

Mos sanciona a Urbaser por segunda vez “por infracción moi grave”

O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou onte por unanimidade dos seus membros o segundo expediente sancionador a Urbaser "por incumprimento dos pregos das cláusulas administrativas do contrato", tipificado como infracción moi grave ao incumprir a prestación do servizo non utilizando os medios esixidos e/ou mal estado e conservación dos mesmos.

O Club Remo «Robaleira» quenta motores para a tempada 2020

O Club remo Robaleira vén de celebrar o pasado sábado a presentación da Tempada 2020. Xunto a deportistas, familiares, amigos e patrocinadores/colaboradores, o Club fixo un pequeno repaso das categorías coas que se conta para esta vindeira tempada.