Luns, 22 Setembro de 2025

Comarcas

Nigrán amplía a organización de ‘Aniversarios de balcón’ aos maiores do municipio

O Concello de Nigrán promoverá tamén a organización de ‘aniversarios de balcón’ para os máis anciás do municipio. Ante o éxito da iniciativa municipal lanzada a semana pasada para festexar os aniversarios dos cativos convocando á veciñanza máis próxima a través das redes sociais para cantarlle e mesmo desprazándose Protección Civil para entregar un agasallo, o Concello quere incluír tamén aos anciás de Nigrán, a poboación máis vulnerable ante o Covid-19.

O Goberno ponteareán porá en marcha de medidas de apoio a autónomos, pemes, comercio local e incremento de axudas a emerxencia social

Logo de catro semanas desde a declaración do estado de alarma, o goberno municipal de Ponteareas, formado por BNG e PSOE, fixo balance das actuacións municipais desenvolvidas para facer fronte á crise sanitaria. Dito balance tamén foi compartido cos grupos da oposición, PP e ACiP, nunha reunión celebrada por vidoeconferencia na tarde deste mércores.

Viticutores de Arbo súmanse ás tarefas de desinfección contra o COVID-19

Ás tarefas de desinfección programadas polo Concello de Arbo e que contaron, dede o inicio coa colaboración das adegas As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal, sumaronse tamén os viticultores do municipio que colaboran, coa súa maquinaria á desfinfección do municipio.

Redondela suspende as Festa do Choco e Os Maios

O Equipo de Goberno de Redondela anunciou hoxe a suspensión das festas do Choco e Os Maios, dúas celebracións de referencia no municipio e que “por motivos obvios” non poden ser aprazadas. A decisión da suspensión da Festa do Choco adoptouse logo de manter contactos co presidente da confraría de pescadores e con empresarios do sector da hostalería que tiñan confirmada a súa presenza nesta edición do 2020.

Nigrán despide ao seu policía local Víctor Lomba González

Veciñanza de Nigrán e policía local non só do municipio, senón dos outros concellos do Val Miñor –aos que se sumaron axentes do Porriño e Redondela–, participaron hoxe no emotivo acto de despedida do seu compañeiro Víctor Fernando Lomba González, de 53 anos de idade, que finaba repentinamente esta pasada noite.

As Neves apola pola “acción continuada” fronte á pandemia coa colaboración veciñal

Diante do aumento da demanda de material de protección individual e as dificultades para cubrir a necesidade que hai do mesmo, o Concello das Neves puxo en marcha unha iniciativa de colaboración veciñal para a confección de batas e mascarillas reutilizables, a partir de tecido de uso sanitario financiado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), e que aporta a coordinadora do equipo solidario de batas e mascarillas de Ponteareas, Maite Isla.

A Guarda crea unha rede de apoio veciñal de acompañamento afectivo a distancia

Sabías que no teu barrio viven persoas maiores? É probable que leven días sen saír da casa e sen falar con ninguén... Coñeces a algunha persoa que poida necesitar axuda? Esas son as preguntas que hai detrás dunha iniciativa dos Servizos Sociais da Guarda para ofrecer unha atención persoalizada á veciñanza que viva soa ou a outros colectivos con necesidades.

A praza de abastos de Salceda mantén a súa actividade na venta de alimentos frescos con total seguridade

A praza de abastos de Salceda segue a ser o principal punto de abastecemento de productos frescos en Salceda durante o estado de alarma. O mercado mantén a súa actividade diaria de venta de carne, peixe fresco e froita, así como o servizo de bancadas dos mércores para a venta de peixe.

PP e EU de Ponteareas apoian a iniciativa de CCOO e UGT dunha retribución complementaria para os traballadores expostos ao COVID-19

O Grupo Municipal do PP e Esquerda Unida de Ponteareas únese á solicitude realizada polos sindicatos CCOO e UGT encamiñada a que se retribúa de forma complementaria aos empregados municipais que están a traballar durante a situación de Estado de Alarma.

‘Redondela MercaNaCasa’, iniciativa para reactivar o comercio local durante o confinamento do COVID-19

A Concellería de Emprego do Concello de Redondela vén de poñer en marcha unha iniciativa que, baixo o nome de ‘Redondela MercaNaCasa’ busca reactivar o comercio local durante o estado de alarma provocado pola crise sanitaria do coronavirus. 'Redondela MercaNaCasa' parte do convencemento da existencia de numerosos establecementos redondeláns “que poden ofrecer os seus produtos e servizos a domicilio”.

O Concello de Tui agradece as doazóns de elementos de protección que segue a recibir

O Concello de Tui quere amosar unha vez máis "o seu agradecemento a todas as persoas que están a facer aportacións de diverso material de protección no actual estado de alarma no que nos atopamos derivado da crise do coronavirus". O Concello que preside Enrique Cabaleiro, quixo tamén facer extensivo ese agradecemento "a todas as persoas que están a traballar desinteresadamente na elaboración de diverso material de protección dende máscaras de protección ou mascarillas".

O voluntariado de Ponteareas ofrecerá tutoriais de calceda a través da súa canle de YouTube

A voluntaria ponteareá Azucena de la Fuente Mateo ofrecerá titoriais de calceta a través da canle de YouTube 'Voluntariado Ponteareas' e a través da conta de instagram @voluntariadomedioambiental, nunha iniciativa que busca que mocidade e maiores únanse "para aprender a confeccionar prensas e creacións coas las doadas polo comercio local «calceta»".