Sábado, 3 Maio de 2025

Salvaterra de Miño

A Xunta realiza traballos de limpeza e roza na estrada PO-510 que comunica O Porriño e Salvaterra de Miño

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, está a levar a cabo esta semana traballos de limpeza e roza nas franxas situadas nas marxes da estrada autonómica PO-510, que comunica os municipios do Porriño e Salvaterra de Miño.

A alcaldesa de Salvaterra reunirase co comercio para deseñar unha estratexia conxunta para a promoción do sector

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, reuniuse hoxe sábado cos presidentes das dúas Asociacións de Comerciantes do municipio para explicarlles as medidas adoptadas ata o momento polo Concello na loita contra a COVID-19.

Salvaterra de Miño, Arbo, As Neves e Crecente piden que se autorice a pesca tradicional no treito internacional do Miño

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e os alcaldes de Arbo, Horacio Gil; As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez e Crecente, Julio César García-Luengo mantiveron unha xuntanza de traballo para solicitar das autoridades competentes a "reapertura da tempada de pesca tradicional do treito internacional dos ríos Miño e Tea en «pesqueiras» e «estacadas»".

Salvaterra crea un grupo de voluntariado para coser máscaras de protección que serán repartidas entre a veciñanza

O Concello de Salvaterra vén de poñer en marcha un grupo de voluntarios e voluntarias que se encargarán de confeccionar máscaras de protección que, posteriormente, serán repartidas entre todos os veciños e veciñas.

O Concello de Salvaterra proverá de mascaras de protección ás persoas de risco

O Concello de Salvaterra de Miño vén de anunciar que ten máscaras sanitarias de protección a disposición de todas aquelas persoas de risco "que se teñan que desprazar ao médico e non teñan material de protección". As persoas interesadas poderán solicitalas a través do teléfono 697 911 050, en horario de 9 h a 13 h.

O Goberno de Salvaterra doará o 30% do seu salario de abril para a loita contra o COVID-19

O Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño, con adicación, doará o 30 % do seu soldo do mes de abril para a loita contra o COVID-19 (coronavirus). A alcaldesa Marta Valcárcel, os dous Tenentes Alcalde con adicación exclusiva e o concelleiro de Xuventude e Deportes, con adicación parcial, donarán a antedita porcentaxe da súa nómina do mes de abril para que sexa destinado a Servizos Sociais do Concello.

Salvaterra de Miño impulsa actividades dinamizadoras para sobrelevar o confinamento do covid-19

O confinamento obrigado a causa da pandemia do Covid-19, non é doada de levar e precisamente por iso, para facer máis doada a situación, o Concello de Salvaterra de Miño vén de impulsar unha serie de actividades dinamizadoras que, sinala a alcaldesa Marta Valcárcel, " poidan paliar os efectos da cuarentena como poden ser o aburrimento, o estrés, a ansiedade ou a ausencia de actividade física".

Salvaterra de Miño convoca unha nova edición dos ‘Campamento de conciliación’ de Semana Santa

O Concello de Salvaterra de Miño vén de convocar, un ano máis e dentro do seu programa de conciliación, o 'Campamento de conciliación de Semana Santa' que se desenvolverá os días 6, 7, 8 e 13 de abril en horario de 9:00 h a 14:00 h. A iniciativa oferta, ademáis, un servizo de aula matinal dende as 7:30 horas.

O CPA Condado de Salvaterra subcampión galego en Grupos Show Pequenos

O Club Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño, coa coreografía Detrás de la piel revalidaba onte domingo, 9 de febreiro, o seu título de subcampión galego na modalidade de 'Grupos Show Pequenos' no transcurso do campionato celebrado en Vigo e organizado polo C.A.R.P.A. Viqueira.

«Salvaterra sen barreiras» ou como permitir a mobilidade de persoas con discapacidade visual e motora

O IES Salvaterra de Miño fixo entrega ao Concello de Salvaterra de Miño dun estudo titulado 'Salvaterra sen barreiras', sobre a mobilidade de persoas con discapacidade visual e motora no casco urbano de Salvaterra de Miño. A iniciativa desenvolveuse dentro do Proxecto Erasmus + KA3, ACT (Active Citizenship Projects to Enhance Pupils Social and Civic Competenced), un proxecto de Cidadanía Activa para mellorar as competencias social e cívica.

A selección galega alevín de Fútbol Sala adestra en Leirado

As xogadoras da Selección Galega Alevín Sur de Fútbol Sala, capitaneadas pola nova seleccionadora Bea Seijas, desprazáronse o pasado mércores ata o pavillón de Leirado realizar o seu adestramento. O combinado galego utilizou unhas instalacións que se acaban de reformar recentemente.

Concello de Salvaterra e Cruz Vermella imparten unha xornada de sensibilización de primeiros auxilios

O pasado sábado 25 de xaneiro a Casa da Cultura de Salvaterra de Miño acolleu unha 'Xornada de sensibilización de primeiros auxilios' nunha iniciativa organizada dende o Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa Cruz Vermella.