Sábado, 12 Xullo de 2025

Ponteareas

O Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona chega a Ponteareas

O Festival Galicia Ilusiona, patrocinado por Turismo de Galicia a través do Xacobeo 21-22, continúa o seu percorrido por cada recuncho das catro provincias e este venres 7 de outubro fará unha parada na vila do Tea.

A praza de abastos de Ponteareas contará coas dúas plataformas elevadoras renovadas

O Concello traballa na renovación interior da praza de abastos de Ponteareas, un edificio construído na década dos 70, con tres plantas de uso comercial de máis de 1.200 metros cadrados cada unha.

Ponteareas busca promesas do deseño e modelos de distintas tallas para o seu gran desfile de moda

Os voluntarios municipais seguen traballando para converter Ponteareas nunha gran pasarela para novas e novos creadores. Os participantes no programa Mocidade Viva buscan persoas interesadas en participar no primeiro desfile de moda organizado.

Xornada solidaria do Club Ciclista Ponteareas para visibilizar a enfermidade Piel de Mariposa

Este pasado domingo, 2 de outubro, o Club Ciclista Ponteareas - Escuela Borja Gómez Méndez organizou, por tercer ano consecutivo, unha xornada solidaria de convivencia para seguir dando visibilidade á enfermidade Piel de Mariposa.

Ponteareas amplía a súa rede de calor con biomasa para abastecer a novos edificios municipais

Ponteareas continúa apostando pola innovación e a sustentabilidade no eido enerxético. O Concello vén de sacar a licitación as obras de ampliación da rede de calor pública, coa que se busca chegar e abastecer a edificios de titularidade municipal, incrementando e optimizando a potencia de produción dispoñible.

As Festas de Setembro manteñen Ponteareas chea de vida

Ponteareas afianzouse durante o último mes como un referente de lecer. As Festas de Setembro remataron esta fin de semana despois de 30 días cunha ampla programación de actividades para todas as idades e todos os gustos que encheu as rúas ponteareás de vida durante todo o mes.

Os globos de San Miguel desafían o vento

O ceo de Ponteareas encheuse un ano máis de cor co lanzamento dos tradicionais globos de San Miguel, un agardado espectáculo que marca a recta final das Festas de Setembro que este ano volveu ter como escenario unha Praza de Bugallal ateigada de público.

Ponteareas aposta pola revitalización do centro histórico

O Concello de Ponteareas mantén a súa firme aposta por revitalizar o casco histórico da vila. Este martes a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e concelleiros do goberno municipal acompañaron ao equipo técnico nunha charla aberta á veciñanza para informar das axudas, contías e procedementos de solicitude das subvencións para a rehabilitación de vivendas ou edificios situados na Área de Rehabilitación Integral da zona vella de Ponteareas (ARIZV).

As obras de mellora da eficiencia enerxética do Centro de Día de Ponteareas, a piques de comezar

O Concello segue coa súa aposta clara por mellorar os servizos e instalacións municipais ao tempo que traballa para transformar Ponteareas nunha vila máis sustentable.

Ponteareas renova o seu compromiso coa promoción empresarial e o emprendemento

Ponteareas renova o seu compromiso coa promoción empresarial e o emprendemento local. O Concello e a Deputación de Pontevedra asinaron un novo convenio de colaboración para realizar actividades a través da oficina da rede SmartPeme en Ponteareas, que actualmente está situada no Centro de Desenvolvemento Local de Ribadetea.

Ponteareas organiza unha charla informativa sobre as axudas para a rehabilitación de edificios situados na ARI

O Concello de Ponteareas dá un paso máis no asesoramento sobre as diferentes liñas de axudas para a rehabilitación de edificios e inmobles situados na Área de Rehabilitación Integral da zona vella de Ponteareas (ARIZV).

A mocidade colle agulla e dedal para mergullarse na costura de supervivencia

Aprender a coser o imprescindible para sobrevivir ao día a día. Ese é o obxectivo do novo obradoiro do programa Mocidade Viva, un curso de costura de supervivencia no que os rapaces participantes poderán achegarse en pouco tempo ás técnicas básicas dun xeito práctico.