11.6 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas aposta pola revitalización do centro histórico

    Ponteareas aposta pola revitalización do centro histórico

    O Concello de Ponteareas mantén a súa firme aposta por revitalizar o casco histórico da vila. Este martes a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e concelleiros do goberno municipal acompañaron ao equipo técnico nunha charla aberta á veciñanza para informar das axudas, contías e procedementos de solicitude das subvencións para a rehabilitación de vivendas ou edificios situados na Área de Rehabilitación Integral da zona vella de Ponteareas (ARIZV).

    “Desde o Concello traballamos dende o ano 2015 na definición e presentación de iniciativas coas que seguir buscando a transformación de Ponteareas nunha vila moderna, cómoda, recuperando o espazo público para as persoas e convertíndoo nun lugar de encontro, de estancia e de lecer único”, salientou a rexedora ante as preto de cen persoas que participaron nesta reunión informativa na sala multiúsos do auditorio municipal.

    Nestes intres a zona vella está ben delimitada na ARI, integrada por case 93.000 metros cadrados no núcleo histórico da vila con case 520 vivendas agrupadas en 74 edificios de uso residencial colectivo, 133 unifamiliares, 5 edificios de equipamentos e 16 destinados a outros usos que poderán beneficiarse das liñas de axudas abertas.

    Pero ademais, o Concello traballa tamén na declaración de Entorno Residencial de Rehabilitación Programada (ERRP) coa que se optará a fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que permitirá ofrecer novas subvencións para a rehabilitación de inmobles. “Esta nova actuación posibilitará rehabilitar numerosos edificios, o que redundará nunha mellora da eficiencia enerxética e seguir camiñando cara a unha vila máis sostíbel. Pero tamén permitirá xunto con outras accións devolver ao núcleo histórico de Ponteareas todo o seu esplendor, apostando firmemente pola dinamización e revitalización desta zona emblemática, axudando a asentar poboación nela, mellorando a calidade de vida das persoas e favorecendo a creación de emprego”, destacou Fernández Davila.

    A declaración de ERRP permitirá ao Concello dar un paso máis e dispoñer dunha oficina de información das axudas de rehabilitación dispoñíbeis para persoas residentes e propietarias tanto das zonas declaradas ARI ou ERRP como de fóra destas áreas. Nestes intres, o Concello ten a disposición da veciñanza un servizo de información que facilita o acceso ás subvencións de fondos públicos ofrecendo asesoramento técnico, visitas técnicas, suxestións de intervención óptima nos inmobles, supervisión de orzamentos e facturas para os programas de axudas de rehabilitación da área, información de subvencións dos distintos plans de vivenda ou regulación autonómica ou estatal en materia de vivenda e de axudas compatibles dentro do ámbito ou fóra destas liñas de financiamento. As persoas interesadas poden consultar toda a información e documentación necesaria na páxina web do Concello ou realizar consultas a través de rehabilitacion@ponteareas.gal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.