O Concello de Ponteareas incorporará este ano ao seu persoal a 25 traballadores desempregados ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, dentro da liña 3 para a activación do emprego.
O Concello de Ponteareas segue avanzando na mellora da rede municipal de estradas e vieiros de todo municipio. A Concellaría de Vías e Obras vén de rematar a renovación de dous vieiros no parque forestal da Picaraña, onde se realizaron traballos de pavimentación de dúas pistas de acceso dende o barrio de Canedo e As Cachadas ata a confluencia co acceso dende a parroquia de Arcos.
Ponteareas comeza o ano con ganas de música tradicional. Este venres 27 a asociación cultural Sadeo organiza, en colaboración co Concello, o Serán Urbano de Ponteareas.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, reuníuse esta mañá coa directora xeral do Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura, María del Carmen Martínez Insua, para coñecer as previsións da Xunta en relación coa declaración das alfombras do Corpus Christi ponteareán como Ben de Interese Cultural Inmaterial, solicitada polo Concello no ano 2017.
Ponteareas comeza o novo ano cun mes cargado de cursos e actividades na súa aula CeMIT de Ponteareas, que ten lista xa unha programación na que o uso dos móbiles, o streaming, a gamificación, o lecer seguro en internet ou a ofimática serán algúns dos grandes protagonistas.
O Goberno municipal do BNG-PSOE continúa avanzando na redacción de proxectos de reforma urbana e humanización de rúas na vila de Ponteareas. Desta volta, a administración local tramita xa a licitación da redacción dos proxectos de humanización de dez rúas máis do centro urbano.
O Corpus Christi de Ponteareas foi un dos protagonistas o venres en FITUR, unha das feiras de turismo máis importantes a nivel internacional que cada ano se celebra en Madrid.
A Casa Cultural de Arcos ven de promover a creación dunha Escola de Tenis de Mesa en Ponteareas. As persoas interesadas neste deporte teñen a oportunidade este sábado 21, a partires das 16:30, de participar nas instalacións da Casa Cultural nunha xornada aberta con monitores.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, manifestou hoxe o seu convencemento de que o vindeiro luns 23 a Xunta de Galicia lle comunicará persoalmente a declaración do Corpus Christi de Ponteareas como Ben de Interese Cultural Inmaterial.
A Banda de Música "A Unión de Guláns", en colaboración co Concello, presentará este domingo os actos conmemorativos do seu 150 aniversario. A cita é a partir das 17.00 horas na Casa Cultural de Guláns.
O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, vén de trasladar os parabéns do Goberno local ás e aos corredores que esta fin de semana acadaron excelentes resultados no Campionato de España de Ciclocrós disputado na localidade barcelonesa de Vic.
O Museo municipal de Ponteareas protéxese da luz solar. O Concello vén de instalar unha serie de vinilos nas cristaleiras que, ademais de ter un efecto estético e identificativo das propias instalacións, permite protexer as obras que acolle o museo dos raios ultravioletas e favorecendo unha mellor conservación de cada unha das pezas.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.