A Casa Cultural de Arcos vén de promover a creación dunha Escola de Tenis de Mesa en Ponteareas. As persoas interesadas neste deporte teñen a oportunidade este sábado 21, a partires das 16:30, de participar nas instalacións da Casa Cultural nunha xornada aberta con monitores.
Ademais, as persoas interesadas na Escola poden contactar coa Casa Cultural na súa cafetaría ou no correo [email protected]. Aproveitando a xornada concretarase coas persoas interesadas a posta en marcha da Escola e os seus horarios. As clases serán impartidas por monitores de Always Tenis de Mesa.
A Casa Cultural de Arcos lembra que o tenis de mesa é un deporte con tradición en Ponteareas pero que nas últimas décadas foi esmorecendo. Coa creación da Escola de Tenis de Mesa pretenden recuperar este deporte e ampliar as actividades que oferta a Casa Cultural de Arcos.