A concellería de Educación do Concello de Ponteareas, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, vén de poñer en marcha o concurso de debuxo 'Ponteareas dende a ventá', iniciativa dirixida ao alumnado de primaria que “pretende recoller as sensacións dos nosos nenos e das nosas nenas sobre a pandemia do COVID-19”, explica Cristina Fernández.
O Grupo Municipal do PP de Ponteareas presentou un "engadido" as medidas que no seu momento solicitaron ao Concello e que foron recollidas nun borrador elaborado polo Goberno local e remitido aos grupos da oposición. Agora, o PP, que agradece que se recolleran "parte das medidas que solicitamos", fan un engadido a maiores "para mellorar o documento".
A Deputación de Pontevedra vén de autorizar ao concello de Ponteareas o anticipo de 916.962,50 euros do novo Fondo Extraordinario de Liquidez do ORAL, dotado con 21 millóns de euros, unha das medidas do goberno provincial para dotar de máis recursos aos municipios para facer fronte ás necesidades da veciñanza nesta situación de crise sanitaria xerada polo COVID-19.
A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, lanzou onte nas redes sociais facebook e twitter unha nova versión do afamado tema 'Estou na lavadora' orixinaria do grupo ponteareán 'O Caimán do Río Tea'. Grupos e artístas de Ponteareas uníronse para crear e interpretar esta nova versión que arrasou nas redes sociais conseguindo máis de dez mil visualizacións en tan só unha hora.
A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, fai chegar nestes días a través de persoal municipal, diverso material didáctico a aquelas familias que os centros eductivos consideran imprescindible. Trátase dunha iniciativa que permite que as familias non teñan que saír dos seus fogares.
A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas que dirixe Fernando Groba e dentro dentro das iniciativas que desenvolve para estes días de confinamento polo Covid-19, vén de convocar o primeiro concurso de microrrelatos por internet 'O libro da túa vida', unha iniciativa aberta a todas as persoas que desexen participar.
O edificio da Casa do Concello de Ponteareas permanecerá iluminado con luz de cor verde en homenaxe ás traballadoras e traballadores que neste estado de alarma "deron exemplo de profesionalidade para garantir que os servizos básicos estiveran cubertos e velar pola nosa seguridade e saúde", sina a a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote.
A concellería de Voluntariado do Concello de Ponteareas, que dirixe Miguel Bouzó, agradeceu o traballo "de toda a rede de voluntarias e voluntarios que durante o estado de alarma está amosando a súa solidariedade regalando comprensión, atencións e achegando a quen máis o precisa produtos de primeira necesidade, medicinas, entretemento ou facilitando xestións con outras entidades".
A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo, lamentou hoxe a imaxe dada por un contedor en Canedo "con enseres que deben ser depositados no punto limpo" un feito que, sinala a concelleira, "reflicte a falta de solidariedade dalgúns cidadáns", que cada vez son menos, pero que aínda se dan casos. Covelo anima á veciñanza a colaborar ao mesmo tempo que a denunciar aquelas actitudes incívicas "trasladando ás autoridades toda a información posible".
O concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico do Concello de Ponteareas, Benito Márquez, fixo un positivo balance deste mes de implantación do teletraballo nos servizos municipais. Márquez trasladou á cidadanía que "a totalidade dos e das traballadoras municipais que desenvolvían traballos con equipamentos informáticos traballan dende hai xa un mes totalmente de xeito telemático".
A Asociación de Veciños 'San Xurxo' de Ribadetea, en Ponteareas, vén de anunciar a suspensión da Festa da Tortilla que se desenvolvía ininterrompidamente dende hai 16 anos, grazas ao esforzo e traballo da propia AA.VV. o que a converte na segunda máis antiga de Galicia despois da de Laro, en terras de Silleda.
Logo de catro semanas desde a declaración do estado de alarma, o goberno municipal de Ponteareas, formado por BNG e PSOE, fixo balance das actuacións municipais desenvolvidas para facer fronte á crise sanitaria. Dito balance tamén foi compartido cos grupos da oposición, PP e ACiP, nunha reunión celebrada por vidoeconferencia na tarde deste mércores.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.