Mércores, 14 Maio de 2025

Ponteareas

Ponteareas abre a preinscrición para o Campus-Tea urbano

A Concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa que ata o vindeiro 18 de xuño estará aberta a preinscrición para o Campus-Tea urbano. Un ano máis, o campamento facilitará ás familias a conciliación familiar e laboral abrindo as súas portas para os e as cativas de educación infantil e primaria en horario de 9 a 14 horas, existindo tamén a posibilidade de solicitar aula matinal en horario de 07:30 a 09:00 horas.

Luís Bará destaca en Ponteareas “o exemplo de mobilización do pobo galego” diante da carencia de material de protección na crise da COVID-19

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, recoñeceu hoxe “o exemplo de mobilización do pobo galego” diante da situación de carencia de material de protección na crise da COVID-19. Así o fixo nunha visita en Ponteareas ao ‘Equipo batas, máscaras e gorros de SOGAPS’ que agrupou dende o inicio da pandemia a máis de 300 persoas voluntarias que confeccionaron máis de 200.000 máscaras, traxes e gorros para sanitarios de toda Galiza.

Ponteareas destina 50.000 euros de subvencións para apoio á cultura

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, informa que a partir de hoxe mércores, 10 de xuño, xa se poden presentar as solicitudes de apoio á cultura logo da publicación, no Boletín Oficial da Provincia de onte, da convocatoria de subvencións destinada a casas e centros culturais do Concello de Ponteareas.

O alcalde de Ponteareas pide ao PP que “respecte o Corpus” e que “non enrede con mentiras e falsidades”

O alcalde de Ponteareas Xosé Represas, saíu ao paso das declaracións da portavoz do Partido Popular, Belén Villar, sobre o covenio coa Xunta de Galicia para o Corpus. Represas amosouse sorprendido coas afirmacións realizadas pola portavoz municipal do PP e a súa falta de respecto coa celebración do Corpus Christi que sempre estivo á marxe de partidismos.

A arte floral de Ponteareas, protagonista nos medios de comunicación

A concellería de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, convida a toda a veciñanza a adornar os seus balcóns e ventás nesta semana de Corpus na que serán moitos os medios de comunicación que comezan a achegarse para recoller o ambiente da vila de maior tradición de arte floral.

Nace a plataforma cidadá ‘Vivir Ponteareas’

A recen creada plataforma 'Vivir Ponteareas', remitiu aos medios de comunicación un manifesto no que amosa, con claridade, o seu concepto de vila. Unha idea, por certo, que se segue dende hai tempo nos núcleos urbanos de Europa –independentemente do seu tamaño– que apostan pola máxima de "as cidades para as persoas".

Ponteareas implanta unha nova regulación do aparcadoiro da Praza de Abastos para facilitar as compras aos seus clientes

A concellaría de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, conxuntamente coa de Promoción Económica, da que é responsábel a concelleira Eva María Gil, puxeron en marcha unha nova regulación do aparcadoiro exclusivo da Praza de Abastos tras deseñala conxuntamente coa asociación de praceiros e praceiras. Segundo os edís nacionalistas, coas novas normas que rexen desde hoxe no estacionamento “asegurarase que este cumpra o seu cometido, que é facilitar e promocionar o consumo no Mercado Municipal” que conta actualmente cuns trinta postos de venda activos.

Ponteareas entre os concellos galegos que máis obras licitaron en 2020

O Concello de Ponteareas é un dos nove concellos galegos que lideran o ránking con licitación de obra pública superior ao millón de euros nos catro primeiros meses do ano. Ponteareas sitúase así por diante de grandes cidades e de varios concellos con maior poboación, segundo o informe realizado pola Federación Galega da Construcción sobre a actividade no primeiro cuadrimestre do ano, por diante de cidades como Vigo, Santiago e Ourense.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica confirma un investimento de máis de 14 millóns de euros para ampliar a depuradora da Moscadeira

A sociedade mercantil estatal Augas das Concas de España (ACUAES), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, vén de anunciar a contratación dos servizos de asistencia técnica para a elaboración do estudo de alternativas, dos estudos ambientais e a redacción do anteproxecto de mellora da EDAR da Moscadeira e do proxecto dos interceptores xerais de Ponteareas.

O Congreso de Arte Efémera de Tokio celébrase de xeito virtual coa participación de alfombristas de Ponteareas

A Asociación Corpus as Monxas vén de participar no proxecto Virtual International Ephemeral Art, Tokio 2020, un evento organizado pola Coordinadora Internacional de Entidades de Arte Efémera e no que participaron un total de 26 delegacións que confeccionaron alfombras florais.

Ponteareas procede a una nova retirada de vertedoiros incontrolados

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, pide a colaboración cidadá para rematar coa imaxe do lixo e dos enseres abandonados tanto en puntos espallados como na contorna dos colectores de lixo. Nesta semana vén de retirar varios vertedoiros incontrolados en distintos puntos do concello ademais de atopar colectores de lixo rodeados de enseres e bolsas que non foron deitadas dentro do contenedor.

Ponteareas sinaliza o límite a 20 km/h en todos os accesos ao centro urbano

A concellaría de Mobilidade e Tráfico do Concello de Ponteareas concluíu a instalación da sinalización vertical que limita a velocidade no centro urbano a 20 km/h dando ademais prioridade na calzada aos peóns. A sinalización instalouse en todas as rúas que dan acceso ao centro urbano: Fermín Bouza Brey, Sarmiento Rivera, Xoán Trobador García de Guillade, Paseo Matutino, Castañal, Avenida de Galicia, Rúa da Braña e Rúa Amieiros. A única avenida que non conta con esta regulación é a de Castelao, de titularidade autonómica.