Mércores, 25 Xuño de 2025

Ponteareas

O Concello de Ponteareas da por rematadas as obras de mellora da eficiencia enerxética na Escola Infantil Municipal

O goberno de Ponteareas do BNG e do PSOE informa do remate das obras de rehabilitación enerxética da escola infantil municipal que tiveron un custe total de 104.342,01 €. Con esta iniciativa o goberno "reafírmase nos compromisos de acadar unha vila máis sustentábel, de mellorar os servizos ofrecidos á cidadanía e de traballar por e para a infancia".

O Voluntariado Municipal de Ponteareas convida a sumarse á limpeza simultánea de praias galegas

O voluntariado municipal participará este sábado día 17 na limpeza simultánea de praias galegas que coordina ADEGA (Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Nesta ocasión actuarase na praia de Samil ás 17 horas, aínda que o punto de encontro en Ponteareas será a estación de autobuses ás 16:30 horas, dende onde partirán as e os voluntarios.

A biblioteca pública municipal acolle un obradoiro de iniciación á arte de contar contos

A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a participar no obradoiro de iniciación á arte de contar contos. Un obradoiro dirixido a educadores, pais e nais, docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

Ponteareas terá un edificio municipal na Praza Maior

O goberno de Ponteareas do BNG e do PSOE adquirirá unha propiedade na praza Maior para dar novos servizos á cidadanía. Con esta compra increméntase o patrimonio municipal, estando ata agora completamente limitaos os espazos para ofrecer novos e mellores servizos á veciñanza ou ampliar os existentes.

Ponteareas, no nivel 1 de alerta sanitaria con menos de sete novos casos á semana nos últimos sete días

A concelleira de saúde de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, sinalou onte que, segundo os datos recibidos da Xunta de Galicia a través da FEGAMP na tarde do pasado xoves e da Coordinadora do Centro de Saúde de Ponteareas, a situación epidemiolóxica do concello de Ponteareas "mantense na mesma situación nas útlimas semanas, entre o nivel 1 e o nivel 2", de feito, sinala Fernández Davila, "nos últimos 14 días o nivel é 2 pero en cambio si vemos os resultados facilitados pola Xunta nos últimos 7 días o nivel é 1".

Ponteareas inicia o pago das 176 axudas para libros e material escolar do curso 2020/2021

A concellaría de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández Davila, vén de poñer en coñecemento de todas as interesadas e interesados que, nos vindeiros, días comezarase a aboar as axudas concedidas a 176 alumnos/as para libros e material escolar para o curso 2020/21 a educación infantil (4º, 5º e 6ª), FP básica, ciclos formativos e bacharelato.

Ultimas entradas para o espectáculo ‘Da Terra’ do gaiteiro Óscar Ibáñez & Tribo en Ponteareas

A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas que dirixe Fernando Groba, convida a toda a cidadanía a gozar do concerto de Óscar Ibáñez & Tribo este domingo 11 de outubro ás 19:30 horas no parque da Feira Vella. A entrada é totalmente de balde e as persoas interesadas deberán reservar entrada en i.gal/oscaribanez.

Ofrenda a San Miguel Arcángel de Uriangato

A Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera (FAGAARTE) participou no proxecto “ALFOMBRISTAS INTERNACIONALES UNIDOS EN LA TRADICIONAL OCTAVA DE SAN MIGUEL ARCANGEL”, organizado pola COORDINADORA INTERNACIONAL DE ENTIDADES DE ARTE EFÍMERO, en combinación e apoio á Asociación LA OCTAVA NOCHE de Uriangato, estado de Guanajuato en México, coa participación de oito cidades de Galicia combinados nun proxecto virtual do que agora podemos exhibir os seus resultados ao público.

Comezan de novo as actividades do programa Apego no Concello de Ponteareas

O venres, día 16 de outubro, a sala multiúsos do auditorio municipal acollerá, ás 18 horas, unha nova actividade “Canta buguina, canta!”, dentro do Programa Apego, de socialización da lingua galega na infancia.

O PP de Ponteareas denuncia a privatización da xestión da auga

Os populares manifestan o seu descontento despois de que o goberno local aprobase, no pasado pleno, a prórroga do contrato da auga. “Prorrogaron un contrato amparándose no interese común. O procedemento demostra o seu deixamento de funcións e contraduice o discurso anti privatización que o bipartito mantivo cando gobernaron outras forzas políticas en Ponteareas”.

Acción e compromiso, este Venres Polo Planeta actuaremos nos montes e sendas de Prado

A Concellería de Mocidade e Voluntariado, que dirixe Miguel Bouzó, convoca unha nova acción de compromiso medioambiental enmarcada dentro da iniciativa “Venres polo planeta”. Toda a mocidade e todo aquel e aquela que o desexe, poderá colaborar na limpeza do monte e das sendas da parroquia de Prado este venres día 9 de outubro.

Adenco felicita ao Concello de Ponteareas pola recuperación da Ponte de San Roque

O Grupo Ecoloxista ADENCO trasladou esta mañá os seus parabéns ao Concello de Ponteareas pola recuperación da Ponte de San Roque, que sufriu un atentado patrimonial no ano 2013. Desde entón, os ecoloxistas demandaron a recuperación da peza do baluarte da ponte que caeu ao río, e que agora se repuxo.