8.5 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA biblioteca pública municipal acolle un obradoiro de iniciación á arte de...

    A biblioteca pública municipal acolle un obradoiro de iniciación á arte de contar contos

    Será este xoves ás 18 horas previa inscrición

    A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a participar no obradoiro de iniciación á arte de contar contos. Un obradoiro dirixido a educadores, pais e nais, docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

    No obradoiro abordarase a importancia da tradición oral e os álbums ilustrados e se compartirá cos asistentes diferentes técnicas de expresión oral.

    O obradoiro da arte de contar contos chega á biblioteca pública municipal este xoves 15 de outubro ás 18 horas.

    Este obradoiro é totalmente gratuíto como o resto das iniciativas que se desenvolven dende a Biblioteca Municipal de Ponteareas, e os interesados e interesadas poden formalizar a súa inscrición ou mesmo solicitar máis información sobre esta actividade no teléfono 986 660 765 ou no correo electrónico: bibliotecamuseo@ponteareas.es.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.