Domingo, 11 Maio de 2025

Ponteareas

Ponteareas contará co plan parcial de A Lomba no prazo dun ano

O goberno municipal confirma que Ponteareas contará co plan parcial de A Lomba no prazo dun ano, un plan industrial que permitirá dar resposta á necesidade de outorgar seguridade xurídica ao tecido empresarial da localidade e fomentar, á vez, a actividade económica.

Ponteareas executa obras de mantemento do tellado da aula de Pías

A aula de Pías, pertencente ao Colexio Rural Agrupado A Picaraña, dispón xa do tellado reparado logo das obras de mantemento realizadas polo actual grupo de goberno tras as múltiples denuncias da ANPA do centro polo seu mal estado ao longo dos últimos tempos.

Ponteareas aproba as bases reguladoras das subvencións para a rehabilitación de vivendas no casco histórico

O Concello de Ponteareas, a través de resolución de Alcaldía, vén de aprobar as bases reguladoras de subvencións incluídas no Programa de Axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que poden chegar ata 30.000 euros.

Luz verde á esperada construción do novo Centro de Saúde en Ponteareas

O Concello de Ponteareas vén de aprobar o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde, para a cesión dos terreos e a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde na localidade.

O Concello pon a disposición das familias de Ponteareas o campamento Concilia-Tea Nadal

O Concello de Ponteareas anuncia a chegada de Concilia-Tea Nadal, un programa deseñado para ofrecer ás familias un espazo divertido e educativo para os máis pequenos durante as vacacións do Nadal.

O Concello de Ponteareas pon en marcha a contratación do plan parcial de A Lomba

O Concello de Ponteareas pon en marcha a oferta de contratación pública para o “Servizo de redacción do plan parcial para desenvolver o sector de solo industrial de A Lomba”, unha prioridade que se sitúa como obxectivo das políticas de promoción de actividades económicas e industriais deste termo municipal.

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo organiza un concerto por Santa Icía

Este sábado 25 de novembro, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo celebra o concerto en honra a Santa Icía, patroa dos músicos, que anualmente ofrece para conmemorar esta data tan especial.

O goberno de Ponteareas bonificará impostos para a rehabilitación de vivendas, cesión de portais aos alfombristas e centros culturais

O pleno do Concello de Ponteareas celebrado onte deu luz verde, por maioría absoluta, a dúas propostas fundamentais que conlevan modificacións significativas nas ordenanzas fiscais do municipio.

O pleno de Ponteareas aproba os orzamentos para o vindeiro 2024

A Cámara Municipal de Ponteareas vén de aprobar en pleno os orzamentos para o próximo ano 2024. Con 7 votos a favor do Partido Popular, 4 de ACIP e 1 de IP, os presupostos do Concello poderán ser postos en marcha de xeito inmediato.

Ponteareas obtén o compromiso da IDAE de desbloquear o cobro de 3 millóns de euros en fondos europeos

A alcaldesa, Nava Castro e os concelleiros Silvia Fernández e Francisco Represas trasladáronse a Madrid para reunirse persoalmente coa Secretaría Xeral do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía, IDAE, organismo adscrito ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e solicitar o desbloqueo de preto de 3 Millóns de euros que este organismo lle adebeda ás arcas municipais.

O BNG de Ponteareas asegura que o tripartito de Castro presenta un orzamento “para vivir de rendas” do anterior goberno

Tras a primeira reacción nos pasados días, o BNG analizou o borrador de orzamentos para o 2024 en Ponteareas, que irá a Pleno extraordinario o vindeiro luns 20. Na súa valoración, o BNG sinalou que coa presentación pública dos orzamentos, o goberno liderado polo PP protagonizou “un espectáculo bochornoso e lamentable de mentira, manipulación e engano a cidadanía cun desfile de cifras que ninguén cre”.

ACUAES inicia as obras de saneamento e depuración de Ponteareas

A sociedade mercantil estatal Augas das Concas de España (ACUAES), do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, iniciou as obras de mellora do saneamento e depuración de Ponteareas nas que se investirán 14,1 millóns de euros.