Xoves, 17 Xullo de 2025

O Condado

AporM denuncia que o Concello de Mondariz perde unha subvención para financiar o servizo de orientadora laboral

Alternativa por Mondariz vén de denunciar, a través dun comunicado de prensa, "a próxima perda do servizo de orientación laboral que actualmente se presta no Concello". Segundo o portavoz de AporM, Xoán Carlos Montes Bugarín, o contrato da técnica que está á fronte do servizo rematará o vindeiro mes de outubro, xa que o goberno municipal de Mondariz, o pasado mes de febreiro, "renunciou a solicitar a renovación do servizo ante a Xunta de Galicia".

Ponteareas retoma as súas saídas de voluntariado ambiental xuvenil

O Concello de Ponteareas retoma as saídas de voluntariado ambiental xuvenil, unha serie de actividades de limpeza de residuos no medio natural que comezarán este mesmo domingo 3 de abril.

Presentación Trail Orixes de Mondariz

O Pazo Provincial da Deputación acolleu a presentación do IV Trail Orixes de Mondariz, unha proba deportiva que o 21 de maio trasladará ás e aos participantes aos “orixes da vida” ao transcorrer por paraxes únicas nas que poderán desfrutar dun percorrido que pasará por muíños, mámoas ou petróglifos.

Ponteareas conmemora a figura de Fermín Bouza Brey cunha exposición na biblioteca municipal

Ponteareas conmemora este 31 de marzo a figura do ilustre polígrafo Fermín Bouza Brey cunha exposición dos seus libros máis significativos na biblioteca municipal.

A aula CeMIT de Ponteareas prepara un mes de abril cheo de cursos e xornadas para todos os públicos

O mes de abril chega á aula CeMIT de Ponteareas cunha ampla programación de actividades para todos os públicos, con novas edicións dos cursos habituais pola alta demanda e innovadoras xornadas para que a mocidade goce durante a Semana Santa.

Abril, mes dos libros en Ponteareas

Abril será o mes dos libros en Ponteareas. O Concello conmemorará o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, que se celebra o vindeiro 23 de abril, cun ciclo de presentacións de obras de escritores e escritoras da comarca ou vinculadas con Ponteareas.

Chegan a Salvaterra os campamentos de Semana Santa

O Concello de Salvaterra de Miño realiza un ano máis o Campamento de Semana Santa dentro do seu programa de conciliación da vida laboral e familiar.

Un informe técnico aconsella a corta de tres árbores do Xardín da Xiralda para evitar riscos para a veciñanza

O Concello de Ponteareas comezará este xoves 31 a corta de tres árbores situadas no Xardín da Xiralda tras un informe técnico da Estación Fitopatolóxica de Areeiro que recomenda a súa retirada polo alto risco de caída.

Avelaíña inaugura un novo centro de rehabilitación psicosocial e laboral en Ponteareas

A Asociación Avelaíña conta desde hoxe cun novo centro de rehabilitación psicosocial e laboral en Ponteareas. A entidade inaugurou este martes estas novas instalacións.

A Deputación anticipa a Salvaterra máis de 238.000 euros da recadación do servizo de recollida de lixo

A súa adhesión ao servizo de Recadación e Xestión Tributaria da Deputación de Pontevedra (ORAL) permitiu ao Concello de Salvaterra de Miño ingresar por anticipado nas arcas municipais 238.109,17 euros da recadación do servizo municipal de recollida de lixo deste ano 2022.

O Concello das Neves pagou as axudas pola pandemia

O Concello das Neves xa pagou as achegas a pequenas empresas e locais de hostalería e comercio, correspondentes ás axudas aos sectores máis castigados pola pandemia.

Arrancan as obras de saneamento no camiño da Manquiña e no lugar de A Vesada

O Concello de Salvaterra, dentro do seu programa de mellora e ampliación do servizo de saneamento, ven de iniciar as obras para a implantación do saneamento no camiño da Manquiña e no lugar de A Vesada, na parroquia de Alxén.