Sábado, 3 Maio de 2025

O Condado

Chega a Ponteareas unha nova edición da «Feira de Outono»

Trinta postos cos mellores produtos artesanais, obradoiros, charlas e excursións guiadas son os ingredientes que fan que cada ano a Feira de Outono de Ponteareas sume siareiros. Os postos de produtos de outono, de primeira calidade, encherán a Praza Maior para brindar aos clientes a oportunidade de mercar alimentos e produtos de hixiene e beleza elaborados de xeito artesán que non se atopan nas superficies comerciais habituais.

O Goberno, optimista ante a tramitación na Xunta da aprobación definitiva do PXOM

O goberno local de Ponteareas amosouse optimista ante a tramitación da aprobación definitiva do PXOM por parte da Xunta. O alcalde Xosé Represas explicou que a Dirección Xeral de Urbanismo xa iniciou hai varias semanas a revisión do Plan aprobado en agosto e requiríu documentación ao Concello coa intención de aprobalo definitivamente no prazo de 3 meses.

Concerto de Outono da Banda de Música Xuvenil de Xinzo

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo protagoniza, este domingo día 27 no Auditorio Municipal de Ponteareas, o Concerto Extraordinario de Outono no que a banda ponteareá estará dirixida polo seu director titular, Javier Blanco.

As Neves destina o remantente do Plan Concellos a obras en San Cibrán de Ribarteme

O Goberno local de As Neves vén de aprobar que se destine o remanente do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra á realización de dous proxectos de importancia para o Concello: dunha banda o remate das obras do Campo Municipal de Fútbol, ás que se destinarán 47.000 €, e doutra á mellora da área de lecer de San Cibrán de Ribarteme, por un total de 26.760,54 €.

A Quinta do Piñeiro celebra a «Festa da Esfollada e recolleita de millo»

O vindeiro día 27 de novembro a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro celebra a súa particular festa da esfollada e recolleita de millo. Nesta festa levaranse a cabo diversas actividades para todos os públicos. Comezarán as 11 da mañá coa ruta de tractores, se alguén se quere anotar para acudir co seu tractor debe facelo no teléfono: 637 764 865.

Ponteareas, saída do «II Terras Meigas Rider Roadbook»

Cen motos e 150 participantes pecharon a inscrición do «Terras Meigas Rider Roadbook 2019», un evento que arrancará por segundo ano consecutivo dende diante da Casa do Concello de Ponteareas para percorrer, guiándose cun roadbook ou libro de ruta, as comarcas do Condado e da Paradanta e grande parte da provincia de Pontevedra chegando ata concellos ourensáns como o de Melón.

Magosto, obradoiros e festa infantil para celebrar o Samaín en Ponteareas

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, convida a todas as familias a desfrutar das actividades programadas para a festa do Samaín que terá lugar o vindeiro xoves día 31 no parque da Perillana.

Ponteareas celebra unha andaina cun marcado carácter solidario

Arroz, pasta, leite, galletas, atún e sardiñas en conserva, legumes, froita e verduras en conserva e aceite de oliva son os produtos que máis precisa o Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas e por iso a concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, e o grupo 'Os do Condado' piden a colaboración da cidadanía para que, todos e todas as que poidan, aporten este domingo, 27 de outubro, algúns destes produtos.

«Xornada de oportunidades de desenvolvemento no medio rural» en Mondariz

O Concello de Mondariz, a través da concellería de Desenvolvemento Económico e Turismo e da axente de Emprego e Desenvolvemento Local, está a organizar unha xornada de oportunidades de desenvolvemento no medio rural arredor da fruticultura e, en particular, da produción de mazá e derivados.

Ponteareas aproba a liquidación da Conta Xeral do ano 2018

O goberno de Ponteareas aproba cos votos en contra da oposición a conta xeral do orzamento correspondente ao ano 2018 que obtivo un remanente positivo de tesourería de 1.933.681,65 €, conseguindo por segunda vez colocar na historia contable do concello de Ponteareas un resultado de tesourería positivo.

As Neves oponse á liña de alta tensión que pasaría por Vide

O Concello de As Neves vén de anunciar que confeccionará un modelo de alegación que será empregado polas veciñas e veciños que se opoñan ao trazado da Liña de Alta Tensión que Rede Eléctrica Española ten a intención de facer pasar por Vide.

IV Xornada de Irmandade Mos-Ponteareas

O vindeiro día 27 de outubro terá lugar unha nova andaina de Irmandade entre Mos e Ponteareas, unha iniciativa, totalmente de balde, que con esta acada xa a súa cuarta edición e que cada ano conta cun maior número de participantes.