O goberno local de Ponteareas lamentou a “deixación de funcións e responsabilidades da Xunta no inicio do curso escolar”. A través da concelleira de Educación, a nacionalista Cristina Fernández Davila, o executivo local adiantou que “ante a pasividade do goberno galego o Concello estase encargando de prestar apoio á comunidade educativa e asumirá sobrecustos económicos que agardamos sexan resarcidos no futuro polo goberno galego”.
O Concello de Ponteareas publicou a licitación das obras de renovación da Casa Cultural da parroquia de Arnoso, consistentes na rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética, accesibilidade e conservación, por un importe total de 115.192,00 euros.
“É un proxecto que responde á demanda dos veciños e veciñas de Arnoso, e na liña xa iniciada en 2015 de compromiso e colaboración coas Casas Culturais das parroquias”, manifestou o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas.
Esta semana (venres, 11 de setembro) remata o prazo para inscribirse no curso gratuíto de panadaría e pastelaría que organiza o Concello de Mondariz nos meses de outubro e novembro de 2020, no marco do proxecto municipal "Mondariz: outra perspectiva de xénero, unha nova ollada".
O Concello de Mondariz acaba de contratar as obras para dotar de cuberta ao edificio do antiga escola unitaria da parroquia de Toutón. Este inmoble de titularidade municipal, situado xunto á igrexa e o adro parroquial, carece da estructura de cuberta desde a década de 1990. Naquel momento, o concello procedeu a iniciar un proceso de mellora que nunca foi rematado. Esta situación provocou deterioros e problemas de humidade no interior do inmoble.
A concellería de Mobilidade e Tráfico informa que o vindeiro martes darán comezo os traballos de pintado e sinalización de diferentes rúas na zona leste...
O Concello das Neves estreou onte sábado un documental que realizado por Daniel Pérez baixo o título 'O comercio que nos coida' buscaba poñer en valor a importancia do traballo relizado por as e os comerciantes nas primeiras semanas do estado de alarma, "semanas nas que o comercio local xogou un papel fundamental", asegurou o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez.
Logo da nova publicada nun medio de prensa onde se atribúe a EU a convocatoria dunha asemblea da veciñanza das Rúas Vidales Tomé, Santa Ana e Oriente, Esquerda Unida de Ponteareas vén de aclarar que "en ningún caso foi a promotora deste evento". "A participación nas mobilizacións veciñais é o normal e debe ser unha constante en EU" pero aclara que o feito de que algún membro da organización participara en dita asemblea "coma unha persoa máis, non quere dicir que esta organización sexa a promotora".
A soprano e catedrática de canto ponteareá, Teresa Novoa, ofrecerá este domingo día 6 ás 20:30 horas un concerto no parque da Feira Vella dentro da programación cultural e festiva do mes de setembro. Nesta 'noite lírica' Novoa estará acompañada polo tenor Javier Palacios e a Orquestra Vigo 430 dirixida por Carlos RR.
O Castelo de Dona Urraca de Salvaterra de Miño vén de ser incluído na 'Rede Nacional de Patrimonio Histórico, Castelos e Palacios de España', o que supón un recoñecemento a "un dos espazos que menos alteracións arquitectónicas sufriu co paso dos anos" e "un dos edificios máis representativos da comarca do Condado do Tea", sinala a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel.
A concellaría de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, convida a toda a cidadanía interesada en participar na elaboración do programa de actividades relacionadas co colectivo LGBTQI+. Trátase de realizar unha programación axeitada ás necesidades e demandas destas persoas, ademais de profundizar na concienciación para acadar unha sociedade en igualdade.
A Concellería de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, convocou ás direccións de todos os centros educativos,conservatorio e da escola infantil a unha reunión participativa na que abordar o comezo do curso. Os e as responsables dos centros educativos puideron solventar as dúbidas que tiñan sobre aplicación da normativa COVID19, contactos sanitarios para casos de alumnado afectado, maior protección para o profesorado, etc.
Representantes de centros educativos das Neves participaron nunha reunión convocada polo Goberno local, presidida polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, acompañado pola concelleira de Ensino, Pilar Gonzalez Casas, para poñer en común as medidas a tomar neste comezo de curso, marcado pola COVID-19, e establecer a colaboración do Concello ante a "falla de instrucións por parte da Xunta, a día de hoxe".
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.