O Concello de Ponteareas vén de dar conta que este vindeiro luns luns comezarán os traballos de soterramento da rede de calos municipal na rúa Vidales Tomé o que obrigará ao seu corte ao tráfico rodado. A Concellaría de Mobilidade xa informou aos residentes de Vidales Tomé e de Santa Ana sobre os itinerarios a utilizar para acceder as súas garaxes. Así, accederase a Santa Ana por rúa de Oriente e San Xoaquín mentres que a saída se realizará pola Praza Maior. No caso de Vidales Tomé os usuarios de garaxes poderán acceder en sentido contrario ao habitual de circulación coas debidas precaucións.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenenta de alcalde e concelleira de Saúde, Cristina Fernández Davila, mantiveron nestas semanas encontros virtuais coa...
A Asociación de nais e pais Eira da Liñaza acaba de mercar 12 portátiles para o uso do alumnado do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé. O colexio comprou 7, creándose así unha aula de informática con 19 portátiles.
O BNG forzou a celebración dun Pleno Extraordinario en Mondariz Balneario, co obxectivo de analizar a situación do paseo de Troncoso e consensuar o modo de abordar a súa rexeneración.
A concellería de Deportes, que dirixe en funcións Miguel Bouzó, pon en marcha unha nova convocatoria de subvencións para o apoio a deportistas federados de Ponteareas, coa intención de fomentar o deporte de nivel no municipio.
O goberno de Ponteareas, representado polo alcalde Xosé Represas, mantivo hoxe un encontro coa presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, para a sinatura do convenio que permite desenvolver o programa de “Axuda alimentaria para os campamentos de refuxiados saharauis” e así poder cubrir o déficit existente de arroz, aceite, azucre, legumes e almorzo nas escolas dos campamentos de refuxiados saharauis.
A finais da semana pasada remataron os seminarios do curso "Mareas de coñecemento e experiencia" organizados pola Concellería de Servizos Sociais das Neves, e incluídos dentro do programa de democratización do coñecemento, da Universidade de Vigo.
A Concellería de Mobilidade e Tráfico, que dirixe o concelleiro Roberto Mera, iniciou novos traballos de mellora da seguridade viaria e da mobilidade en máis de 30 rúas da vila. As actuacións que se están desenvolvendo consisten no repintado de máis de 30 pasos de peóns e na creación de 10 novos pasos, que se suman aos 15 creados en meses anteriores.
O Concello informa que o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) publicou onte a segunda convocatoria de axudas do Concello de Ponteareas para reactivar a actividade económica local, unha medida creada para contribuír a paliar os efectos económicos, sociais e laborais derivados da Covid-19 nos negocios e pequenas empresas locais.
Ponteareas rexeita as violencias machistas e así o deixará claro no manifesto, consensuado por toda a Corporación, ao que se dará lectura mañá mércores día 25 ás 13 horas. A lectura de manifesto por parte de tódolos grupos da Corporación poderá seguirse a través da rede social Facebook do Concello de Ponteareas e da canle de YouTube do Concello.
A Policía Local de Ponteareas lembra á veciñanza que non están permitidos os encontros entre persoas non convivintes en lugares públicos e privados, agás nos supostos permitidos como as reunións de traballo ou actividades educativas. A Policía Local fai este recordatorio logo de constatar numerosos incumprimentos desta restricción en diferentes lugares da vila como os parques públicos, onde pais e nais interactúan esquecendo as limitacións en vigor.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.