19.9 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoMondariz BalnearioO BNG forza a celebración dun pleno extraordinario para abordar a rexeneración...

    O BNG forza a celebración dun pleno extraordinario para abordar a rexeneración do paseo de Troncoso

    Técnicos provinciais recomendaron a tala no paseo de Troncoso e atribúen a degradación das árbores ao maltrato recibido

    O BNG forzou a celebración dun Pleno Extraordinario en Mondariz Balneario, co obxectivo de analizar a situación do paseo de Troncoso e consensuar o modo de abordar a súa rexeneración.

    O Portavoz Municipal do BNG na localidade, César Gil, sinala que “o informe emitido pola estación fitopatolóxica de Areeiro é demoledor. A meirande parte das árbores do paseo, ao carón do río Tea, incluídas no conxunto histórico do Balneario de Mondariz, teñen que ser abatidas de xeito inmediato polo seu mal estado. Outras, segundo relata o informe, requiren dun estudo en profundidade e medidas urxentes de saneamento para evitar a súa desaparición. O informe, solicitado polo Concello, tamén fai referencia ao mal estado de exemplares localizados no recinto dos xardíns históricos do Balneario” informou Gil.

    O documento, segundo indicou o portavoz dos nacionalistas, “apunta como causa principal do estado terminal das árbores do paseo de Troncoso as malas prácticas ás que estas se viron sometidas”. O BNG revelou o contido do citado informe, que literalmente recolle:

    “teñen varios defectos derivados de actuacións realizadas no pasado sen gardar as precaucións básicas de sanidade e sen atender a criterios técnicos de disposición e dimensións dos cortes nalgúns casos (…) hai que considerar que as árbores son seres vivos que precisan realizar un intercambio gasoso co ambiente e que, polo menos neste caso, estaban plantados antes do pavimentado, polo que tería que ter sido a calzada e máis a beirarrúa quen se adaptase a elas e non ao revés.”

    César Gil asegura que “os técnicos da estación fitopatolóxica provincial verifican o denunciado en diversas ocasións polo grupo municipal do BNG: o maltrato continuado derivado de actuacións municipais, que provocou a morte e degradación irreparable da maioría dos espécimes. Podas a destempo para evitar a recollida de follas e enormes cortes na base dos troncos para adaptalos á construción de novas beirarrúa, debilitaron as árbores ata matalas.”

    “Coa tala, que acometeron os empregados municipais, Mondariz Balneario perde outro dos seus valores mais xenuínos, o `Tunel de Verdor´, citado nunha das estrofas do himno non oficial da vila, que unía a través do Paseo de Troncoso as dúas principais fontes termais, a Fonte de Gándara e a de Troncoso, esta última tamén en estado ruinoso”, lamentou o portavoz municipal do Bloque.

    O BNG responsabiliza directamente desta “desfeita” ao goberno local. “É outro exemplo da degradación do patrimonio que padecemos como consecuencia da falla de sensibilidade na toma de decisións do goberno municipal” apunta o voceiro do BNG, que forzou a celebración do Pleno Extraordinario e tende a man ao goberno para consensuar o mellor modo de abordar a rexeneración deste paseo histórico. “Até agora, a pesar do avanzado estado de degradación das árbores e da morte e caída de varios exemplares, o Concello non preveu aínda ningunha actuación de reposición ou a rexeneración da zona”, concluíu Gil.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS