8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoAs NevesCreada a primeira 'aula de informática' do CEIP Marquesa do Pazo da...

    Creada a primeira ‘aula de informática’ do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé nas Neves

    A Asociación de nais e pais Eira da Liñaza acaba de mercar 12 portátiles para o uso do alumnado do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé. O colexio comprou 7, creándose así unha aula de informática con 19 portátiles.

    A Anpa Eira de Liñaza puido levar a cabo esta compra grazas á subvención nominativa de 2.000€ que estaba aprobada dentro do orzamento do Concello das Neves para este 2020. Ademais, dispuxo doutros 2.000€ de fondos propios da asociación.

    O fin foi cubrir a necesidade urxente de que o alumnado reciba a formación precisa para facilitar o uso da aula virtual e poder acadar os coñecementos básicos para o uso deste recurso ante posibles confinamentos.

    A Anpa non tería que asumir este gasto, sinala a concelleira de Educación, Pilar González Casas xa que “a Consellería de Educación é a responsable de facilitar os medios e recursos necesarios para levar a cabo as instrucións que, con tanta urxencia, enviou a todos os centros educativos para a formación do alumnado no coñecemento da Aula Virtual e o uso de medios informáticos”. Pero “resulta imposible poder formar no uso dun ordenador sen telo. Algo tan evidente non parece que se entenda”.

    Xa se enviou á Xefatura Territorial dende o colexio, despois de ser aprobado en Consello Escolar, unha solicitude para dotar e preparar unha aula de informática con todos os recursos precisos para a formación nesta área. “Aínda non se tivo resposta, pero seguiremos insistindo xa que non se entende que o colexio non teña aula de informática e que o alumnado non poida traballar cun ordenador nalgún momento da súa formación”, sinala a concelleira.

    Coa compra dos ordenadores tamén se tenta axudar ás familias que non dispoñen destes medios e, ante posibles confinamentos, facilitar que teñan os recursos precisos para realizar as actividades previstas.Ainda así, engade Pilar González, queda moito por mellorar xa que, aínda que xa se dispón de 19 portátiles, a aula precisa dunha instalación eléctrica e de rede informática, gasto que este curso non é posible asumir (xa se gastou todo o dispoñible).

    O alumnado poderá traballar cos equipos informáticaos comprados pero, como a aula non está preparada axeitadamente, “deberán coidar moito os movementos xa que foi preciso empregar prolongadores e cables varios para pór puntos de acceso á rede eléctrica e internet en cada mesa”, comenta a concelleira.

    Á visto de todo isto, “instamos á Xefatura territorial a que asuma a mellora e acondicionamento da creada aula de informática”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.