Sábado, 5 Xullo de 2025

O Condado

Luz verde de Patrimonio á rehabilitación do edificio para o Centro de Dinamización Empresarial de Ponteareas

“Patrimonio autoriza as obras do Centro de Dinamización Empresarial, que se realizará baixo a dirección do premiado arquitecto Jesús Irisarri seguindo as directrices do estudo de dinamización empresarial e impulso económico” anunciou hoxe a concelleira de Promoción Económica do Concello de Ponteareas, Eva Gil, quen subliñou que este será "o primeiro espazo municipal que ofreza un smartlab, un viveiro de empresas e posibilite o coworking, entre outras actividades encamiñadas a facer máis competitivo o noso tecido empresarial".

O pasado sábado 13 de marzo o Club Patinaxe Artistica Condado celebrou o Campionato de Preseleccións das categorías cadete a senior

O campionato celebrouse en Salvaterra de Miño baixo a organización do Club Patinaxe Artístico Concdado, con todas as medidas e protocolos adoptados pola Federación Galega de Patinaxe para facer fronte á situación epidemiolóxica.

Un ciclista resulta ferido de consideración tras sufrir unha caída en Ponteareas

O ciclista foi evacuado nunha ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Unha persoa particular, sobre as doce do mediodía de onte, solicitou ao 112 Galicia asistencia sanitaria para un ciclista que sufrira unha caída no Monte da Picaraña, xunto o refuxio de animais.

Mondariz acollerá o ‘pump track’ asfaltado máis grande de Galicia

O Concello de Mondariz está desenvolvendo un plan de recuperación do espazo lúdico e deportivo do campo da Minada coa construción dun Pump Trak...

Ponteareas pon en marcha un proxecto para recoller toda a toponimia do concello

O Concello de Ponteareas vén de iniciar o proxecto de recuperación da toponimia no seu territorio. O goberno local botou a andar este ambicioso proxecto, que iniciou na parroquia de Xinzo, e percorrerá todas as parroquias ponteareás co obxectivo de recoller e recuperar os nomes que identifican os lugares e para evitar a perda desta gran riqueza patrimonial.

O Concello de Ponteareas ofrece información sobre axudas a Pemes, micropemes e persoas autónomas do sector turístico

A concellería de Formación e Emprego e a concellería de Promoción Económica e Turismo, dirixidas pola socialista Vanesa Fernández Soage e pola nacionalista Eva Gil Solla respectivamente, veñen de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa vén de publicar no Boletín Oficial de Pontevedra Núm. 44 a convocatoria pública de axudas para o desenvolvemento de plans de mellora da competitividade do sector turístico no marco do Programa de Competitividade Turística, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

Salvaterra pon a punto as instalacións do campo do Casal e do pavillón de Leirado cunha achega de 240.000 euros da Deputación

Salvaterra de Miño goza duns espazos deportivos renovados grazas a unha achega de preto de 240.000 euros da Deputación de Pontevedra. As obras realizadas ao abeiro do Plan Concellos permitiron a substitución da superficie de herba artificial do campo de fútbol de O Casal e a dotación dunha nova cancha deportiva de madeira no polideportivo de Leirado. Os deputados provinciais de Cooperación, Santos Héctor, e de Deportes, Gorka Gómez, supervisaron as actuacións xunto coa alcaldesa, Marta Valcárcel e o concelleiro de Deportes, Edgar Martínez.

Os populares de Ponteareas solicitan a modificación para que as asociacións sen ánimo de lucro poidan beneficiarse das exencións solicitadas

O Grupo Municipal do PP fará un rogo no pleno de marzo para solicitar ao Goberno local que tramite de forma urxente a ordenanza que exime e bonifica ás asociacións sen ánimo de lucro do pago de impostos como a taxa de ocupación de vía pública ou apertura de gabias cando solicitan licenza para unha obra.

Unha deficiente impermeabilización do ano 2010 dana o Auditorio Municipal de Ponteareas e impide a súa utilización

As obras de impermeabilización do Auditorio, executadas en 2010 mediante un convenio entre o Goberno municipal presidido daquela por Salvador González Solla (PP) e a Deputación dirixida por Rafael Louzán (PP), e nas que se investiron 1,3 millóns de euros, explican as filtracións e os graves danos que ven soportando o Auditorio e que obrigaron ao Concello de Ponteareas a pechalo. Así se conclúe nun informe elaborado polos servizos técnicos municipais que apuntan a posíbeis responsabilidades do promotor ou construtor da reforma realizada hai unha decada.

Twins Experiment presenta en Ponteareas “Conversación: Habitación o morada”

A Concellería de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, convida ao alumnado de secundaria e á veciñanza en xeral este luns día 15 a visualizar vía streaming en www.depo.gal e en ponteareas.gal a acción escénica “Conversación: Habitación o morada”. O acto contará coa presenza da Deputada de Cultura Victoria Alonso e da Alcaldesa en funcións M. Cristina Fernández.

Posta en marcha do ‘Servizo de Información e Asesoramento en Saúde Mental’

O Concello das Neves vén de asinar un convenio coa Asociación Avelaíña para desenvolver un programa denominado “Servizo de Información e Asesoramento en Saúde Mental". Trátase dun programa de Prevención da Exclusión Social que consiste nun conxunto de actuacións dirixidas a dar resposta ás demandas da poboación en relación coa saúde mental, mellorando así a súa calidade de vida.

A mostra ‘Rexas, mulleres baixo o terror franquista’ chega a Mondariz

A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Memoria Histórica, abrirá mañá en Mondariz a exposicíon ‘Rexas, mulleres baixo o terror franquista’. Trátase dunha mostra que pretende reivindicar a memoria das vítimas do golpe de Estado de 1936 cunha escolma da historias de represión sufridas por 172 pontevedresas que foron perseguidas, asasinadas, encarceradas e, ademais, polo feito da súa condición de mulleres, soportaron tamén vexacións de corte sexista.