18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoAs NevesPosta en marcha do 'Servizo de Información e Asesoramento en Saúde Mental'

    Posta en marcha do ‘Servizo de Información e Asesoramento en Saúde Mental’

    O Concello das Neves vén de asinar un convenio coa Asociación Avelaíña para desenvolver un programa denominado “Servizo de Información e Asesoramento en Saúde Mental”. Trátase dun programa de Prevención da Exclusión Social que consiste nun conxunto de actuacións dirixidas a dar resposta ás demandas da poboación en relación coa saúde mental, mellorando así a súa calidade de vida.

    A crise sanitaria pola Covid-19 está a supoñer un agravamento dos problemas de saúde mental na poboación xeral, e o acceso á atención da saúde mental no noso concello e na nosa contorna é moi limitado. Estes feitos motivaron o obxecto de subscrición deste convenio, que establece as bases de colaboración entre o Concello das Neves e a Asociación Avelaíña.

    Trátase de fomentar a información sobre os diferentes recursos e/ou procedementos vinculados á saúde mental, e asesorar ou poñer en contacto co persoal idóneo que poida atender a cada problemática particular, co obxectivo final de favorecer a mellora das persoas e favorecer a súa integración social comunitaria.

    As actividades a desenvolver serán:

    • Recepción de demandas e recollida de información
    • Información e asesoramento en función da demanda.
    • Coordinación con outros recursos.
    • Derivación a outros recursos/servizos.

    As persoas beneficiarias da atención serán aquelas con necesidades de información en saúde mental, podendo ser persoas con problemas de saúde mental, familiares, persoas coidadoras e profesionais do ámbito sanitario, social e educativo así como calquera veciña ou veciño do Concello das Neves.

    Para solicitalo, as veciñas e veciños das Neves poden contactar con servizos sociais chamando ao teléfono 986 66 71 34 ou escribindo un correo electrónico a servizossociais@asneves.gal. O servizo funcionará entre os meses de marzo e decembro, e ofrecerase un día ao mes, en horario de mañá, nas dependencias de Servizos Sociais.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.