Mércores, 2 Xullo de 2025

O Condado

Ponteareas vivirá o Corpus todo o ano coa cración do primeiro ‘Museo a ceo aberto’ de Galicia

Poder gozar da arte efémera e coñecer máis sobre as alfombras florais do Corpus de Ponteareas durante todo o ano. Ese é un dos obxectivos cos que o Concello de Ponteareas lidera unha alternativa pioneira para crear o primeiro museo a ceo aberto de Galicia, unha experiencia de realidade aumentada que procura facer desta festividade un novo referente a nivel tecnolóxico, implicando a grandeza da tradición coas tecnoloxías e incrementando a repercusión destas accións no sector turístico e comercial da vila.

Braga, Padrón e Ponteareas volven a xuntarse nas ‘Convergências Portugal-Galiza’ que recalarán en Ponteareas o 7 e 8 de maio

Comezou a VII edición das Convergências Portugal-Galiza, unha iniciativa que naceu para homenaxear as figuras de Rosalía de Castro –polo seu nacemento– e do Zeca Afonso –pola súa morte– a través de diferentes propostas culturais que celebren tamén o vínculo cultural e lingüístico dos dous países.

Fernández-Tapias supervisa o remate das obras da senda entre o centro urbano de Salvaterra e Zacoteiras

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañada da alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e do xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díaz, supervisou o remate da execución da senda peonil desde o centro urbano da vila e o núcleo de poboación das Zacoteiras, nas estradas PO-400 e PO-402, e a rehabilitación do firme da estrada PO-400, no tramo que coincide coa rúa Rosalía de Castro.

O CNPonteareas campión galego na clasificación feminina e conxunta no Campionato galego de fondo

O pasado domingo 25 de abril, a federación galega de natación organizou en Carballo (A Coruña), o campionato galego de fondo en categoría máster de natación. Os nadadores e nadadoras participaban en dúas probas, unha de 800 metros e outra de 1500 metros libres.

Mondariz celebra o mes de maio, ‘Mes da Lingua’, cun amplo programa de actividades

Para un concello comprometido coa promoción da cultura galega como Mondariz, maio é un mes sinalado no calendario anual. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, é unha data que sempre se ten en conta na programación cultural de primavera, pero este ano a celebración da riqueza lingüística exténdese ao cinema galego cun ciclo que pon en funcionamento o novo equipamento audiovisual que foi instalado este ano no Auditorio do Centro Social de Mondariz.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 26 en Ponteareas

A Concellería de Saúde de Ponteareas, que dirixe a alcaldesa en funcións Cristina Fdez. Davila, informa que a unidade móbil de doazón de sangue visitará Ponteareas este luns 26 de abril.

A Plataforma Veciñal para o saneamento de Ribadetea lamenta a “falta de avances” no saneamento desta parroquia de Ponteareas

A Plataforma Veciñal para o Saneamento de Ribadetea volveuse reunir coa alcaldesa de Ponteareas para amosarlle o seu "malestar pola falla de avances no saneamento da parroquia". Os membros da plataforma fixéronlle saber "que non comprenden cal pode ser a razón para que despois de 1 ano que Augas de Galicia rematou o proxecto, aínda non se deran pasos cara adiante para avanzar as obras".

Ponteareas volverá o luns ao nivel alto de restricións ante o aumento dos casos positivos de COVID-19

O subcomité clínico da Xunta de Galicia, vén de decidir un novo aumento do nivel de restricións en Ponteareas, que ascende de medio a alto ante o desbocado aumento de novos casos positivos de COVID-19 na localidade que se ven producindo dende a festividade da Semana Santa.

Aberto o prazo para solicitar axudas para obras nas traídas veciñais de augas en Ponteareas

O goberno ponteareán informa da apertura do prazo, ata o vindeiro 11 de maio, para que todas as asociacións de traídas veciñais de augas poidan solicitar as axudas convocadas por importe de 70.000€.

Concello de Salvaterra e Xunta asinarán un convenio para a apertura e humanización da Rúa Galicia

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Salvaterra de Miño para a apertura e a urbanización da rúa Galicia, cun investimento autonómico de máis de 500.000 euros. No marco desta colaboración, a Xunta financiará as expropiacións dos terreos necesarios e a execución das obras. O Concello deberá realizar os trámites expropiatorios, redactar o proxecto, licitar e acometer os traballos.

A Xunta inviste en melloras de sanemento, limpeza e eficiencia enerxética nas Neves co fondo de compensación ambiental

A Vicepresidencia primeira da Xunta de Galicia vén de investir en diversas melloras de saneamento, limpeza, acondicionamento do medio natural e eficiencia enerxética no Concello das Neves ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) 2020, que reportou máis de 52.000 € para estas actuacións.

Mondariz non renuncia aos seus dereitos de conexión á EDAR

O saneamento do Concello de Mondariz (4.410 habitantes segundo datos de 2020) leva 15 anos comprometido porque o veciño Concello de Mondariz-Balneario (637 habitantes no mesmo periodo), onde se ubica a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), négase a autorizar a conexión de colectores.