11.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoFernández-Tapias supervisa o remate das obras da senda entre o centro urbano...

    Fernández-Tapias supervisa o remate das obras da senda entre o centro urbano de Salvaterra e Zacoteiras

    A Xunta asumiu o custo desta intervención, cun investimento de preto de 682.000 euros, e o concello a titularidade dos dous tramos das estradas PO-400 e PO-402

    A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañada da alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e do xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díaz, supervisou o remate da execución da senda peonil desde o centro urbano da vila e o núcleo de poboación das Zacoteiras, nas estradas PO-400 e PO-402, e a rehabilitación do firme da estrada PO-400, no tramo que coincide coa rúa Rosalía de Castro.

    Dúas actuacións coas que o Executivo autonómico, en palabras da representante autonómica, segue a mellorar as condicións de accesibilidade e mobilidade dos veciños deste concello pontevedrés e o reforzo da seguridade viaria.

    Os gastos de execución, por preto de 682.000 euros, corresponderon á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, mentres que o Concello encargouse de dirixir e executar as obras. Previamente á licitación, tal e como recolle o convenio, a Administración local asumiu a titularidade do treito da senda peonil e do tramo da rúa Rosalía de Castro, salvo calzada e beiravías.

    Así, segundo informou Fernández-Tapias, a primeira das intervencións consistiu na construción dunha senda peonil na marxe dereita das estradas PO-400, puntos quilométricos 1+120 – 2+380, e PO-402, entre os puntos quilométricos 0+000 – 0+140, que parte do centro urbano de Salvaterra de Miño e vai ata o núcleo de Zacoteiras.

    Trátase dun itinerario de case 1,5 quilómetros de lonxitude adaptado á orografía, que se completou cunha rede de drenaxe para recollida, canalización e evacuación das augas de escorrentía, a preinstalación dos servizos de alumeado público e telecomunicación e a disposición da sinalización vertical e repintado das marcas viarias afectadas.

    A segunda das actuacións comprendeu a rehabilitación do firme da estrada PO-400 ata a glorieta de intersección coa PO-402, no tramo urbano que se corresponde coa rúa Rosalía de Castro, incluíndo  a limpeza das marxes e apertura de cunetas, o reforzo de firme e o pintado de marcas e sinais. A delegada recordou que se trata dun viario moi transitado por vehículos e peóns e que cruza o centro da vila ata o núcleo de poboación de Oleiros.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.