Martes, 1 Xullo de 2025

O Condado

Afectados de Mondariz pola restrición ao tráfico pesado na PO-254 demandan unha reunión urxente coas autoridades da Xunta

Veciños e veciñas afectados pola recente restrición ao tráfico pesado que impuxo unilateralmente a Xunta de Galicia na estrada autonómica PO-254 ao seu paso por Mondariz-Balneario reuníronse este luns, 3 de maio, tras ser convocados polo Concello de Mondariz para analizar a situación e buscar vías de solución aos prexuízos causados por esta medida.

As Neves recibirá este ano preto de 550.000€ do Plan Concellos

O Concello das Neves recibirá este ano 545.849,96 € do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra. Da suma total, 387.356,57 € corresponden á liña 1, de obras e subministracións; 35.830,48 € á liña 2, de gastos correntes e actividades; e os 122.662,91 € restantes á liña 3, de contratación de persoas desempregadas para servizos municipais.

As alumnas de Atención Sociosanitaria do obradoiro de emprego de Ponteareas conclúen as súas prácticas formativas

O pasado venres, 30 de abril, remataron satisfactoriamente as prácticas formativas as alumnas da especialidade de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en domicilios e institucións sociais, do Obradoiro de Emprego 'Coidar de Nós II' que leva a cabo a concellería de Emprego e Formación de Ponteareas que dirixe a socialista Vanesa Fernández.

‘Twins expemeriment’ pon en Ponteareas o aceno no fogar como escenario da violencia machista

Un círculo feito con seis botellas de auga foi o 'espazo protector' no que Ainhoa Hernández e Laura Ramírez, as artistas que conforman Twins Experiment, dialogaron cos seus corpos nunha nova acción do programa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en acción. Violencia Zero' que tivo lugar no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Ponteareas modernizará o Mercado Municipal coa súa reforma integral e a humanización da súa contorna

A alcaldesa de Ponteareas en funcións, Cristina Fernández Davila e a concelleira de Promoción Económica, a nacionalista Eva Gil, presentaron o anteproxecto de reforma arquitectónica e rehabilitación integral do Mercado Municipal e humanización do seu entorno, nunha reunión con representantes dos praceiros e praceiras.

A Aula CeMIT de Ponteareas ofrece novos cursos totalmente de balde

A concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, que dirixe Benito Márquez, informou hoxe da apertura do prazo de inscrición dos novos cursos que oferta a Aula CEMIT de Ponteareas, situada no Centro Social, na rúa Oriente.

Ponteareas ofrece axuda á veciñanza para a tramitación de subvencións

Durante este último mes téñense publicado distintas subvencións por parte das Administracións Públicas, co obxectivo de facilitar diferentes actuacións aos veciños e veciñas. Por ese motivo, dende a concellería de Emprego e Formación, que dirixe a socialista Vanesa Fernández, estase a prestar axuda a todas as persoas que queren informarse ou saber como tramitar ditas subvencións.

O Goberno ponteareán prevé aprobar o PXOM neste mes de maio “cos cambios esixidos pola Xunta”

O Goberno Municipal do BNG e PSOE prevé aprobar no pleno do mes de maio o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) cos cambios esixidos pola Xunta. Será a terceira vez que o goberno de coalición aprobe provisionalmente o PXOM coa intención de que a Xunta lle dea a súa aprobación definitiva. A última aprobación provisional realizouse a finais de 2019 cando no documento se introduciron os cambios esixidos pola Xunta a comezos de 2017.

Ponteareas acomete a vindeira semana o asfaltado da rúa Redondela e dunha zona de Rosalía de Castro

A empresa adxudicataria dos traballos de humanización da rúa Redondela acometerá a vindeira semana os traballos de asfaltado desta rúa, así coma dunha zona da Avenida Rosalía de Castro, preto da rotonda situada trala Casa do Concello, onde se produciu hai meses un pequeno afundimento do firme.

Novos danos nas obras de humanización do Complexo Deportivo e Centro de Saúde de Ponteareas

O Concello de Ponteareas lamentou e condenou os danos provocados por descoñecidos nas últimas semanas nas obras de humanización do Complexo Deportivo Álvaro Pino e entorno do Centro de Saúde. Nos últimos días, persoas descoñecidas danaron e queimaron un número considerábel de plantas rociándoas con produtos abrasivos na zona situada a carón das pistas de pádel.

Mondariz proxecta “La hora bruja” para inaugurar o novo equipamento audiovisual do Auditorio

O Concello de Mondariz inaugura este venres, 30 de abril, o novo equipamento audiovisual que instalou no Auditorio do Centro Social cun filme que, malia non ser unha produción galega, está moi vencellado ao lugar porque se rodou alí: "La hora bruja" (Jaime de Armiñán, 1985).

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, renuncia por razóns de saúde

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou no día de hoxe a renuncia ao seu cargo por razóns de saúde. Dende o pasado mes de decembro, Cristina F. Davila (BNG) viña ocupando a alcaldía como consecuencia da baixa de Represas por enfermidade.