Martes, 1 Xullo de 2025

O Condado

Música e animación en Bugarín coa charanga SDK

O programa Cultura24 continúa levando actividades de lecer ás parroquias de Ponteareas. A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a gozar da música e animación da charanga SDK, que levará o ritmo este venres 23 ao Centro Cultural de Bugarín.

O programa Mocidade Viva de Ponteareas organiza unha xornada de voleibol nas pistas polideportivas da Freixa

O programa Mocidade Viva prepara unha nova actividade coa que promover un lecer saudábel e alternativo para rapaces e rapazas maiores de 12 anos. Este venres 23 de xullo a partir das 20.00 horas, mozos e mozas poderán participar nas Xornadas de Voleibol, unhas horas nas que coñecer ou achegarse un pouco máis a este divertido deporte cheo de beneficios para corpo e mente.

Ponteareas prepara un verán cultural con máis de medio cento de propostas

O Concello de Ponteareas presentou a programación cultural para os meses de verán, unha carteleira con máis de medio cento de actividades para completar unha oferta de lecer cunha proposta estable, ampla, para todos os públicos e en todos os espazos da vila.

O ‘sendeyak’ regresa ao río Tea o vindeiro 22 de xullo

O ‘sendeyak’ volve este verán ao río Tea. Ao abeiro do programa Mocidade Viva, a Concellaría de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó organiza este xoves 22 de xullo (17:00 horas) unha nova edición desta actividade que combina sendeirismo con descenso en kayak ao longo dunha ruta de 3 quilómetros polos bosque autóctonos do Tea, observando todos os seus recursos, e facendo o camiño de volta en kayak

A Feira do Libro de Ponteareas baixa o pano impoñéndose á calor

A Feira do Libro de Ponteareas baixou onte domingo o pano cun grande éxito de público, que se achegou á Praza Maior para gozar da ampla programación a pesar da vaga de calor dos últimos días. Concello e librarías fan un balance positivo desta quinta edición, que conseguiu aglutinar 22 presentacións e sinaturas de libros, máis da metade creados por autoras e autores ponteareáns.

A Clásica Álvaro Piñeiro presenta o seu maillot oficial

A Clásica Álvaro Piñeiro, que se celebrará o próximo 3 de outubro en Ponteareas, presentou esta fin de semana a camisola oficial dunha edición moi especial –xa que volve tras cinco anos sen celebrarse-, e que levará a cabo con medidas hixiénicas especiais para evitar o risco de contaxio do coronavirus.

Gran fin de semana para o CN Ponteareas

Esta foi unha gran fin de semana con dous eventos para CN Ponteareas. Dunha banda, Yoel Faro Martínez participaba no campionato de España alevín de verán en Tarragona.

Mondariz recupera os grandes eventos culturais de verán

O Concello de Mondariz publicou a súa programación definitiva de cultura e mocidade para o verán 2021, despois de confirmar unha serie de espectáculos teatrais do programa "Cultura no Camiño" para os meses de agosto e setembro.

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Ponteareas o 30 e 31 de xullo

A Concellaría de Saúde do Concello de Ponteareas, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, vén de informar á veciñanza que a unidade móbil de doazón de sangue estará de novo en Ponteareas os vindeiros 30 e 31 de xullo.

Salvaterra de Miño presenta a súa programación ‘Verán Cultural 2021’

A acaldesa de Salvaterra de Miño ven de facer pública a programación que se deseñou por parte do Concello para o mes de agosto, unha programación axustada aos protocolos COVID, baixo o lema 'Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra'.

Un home resulta ferido tras ser atropelado polo seu propio tractor en Ponteareas

Un home foi atropelado onte pola tarde polo seu propio tractor na parroquia de Oliveira, en Ponteareas, en concreto, no lugar de Rabuñade.

Mondariz, escala da xira xacobea do espectáculo Le PianO du Lac

Os concertos flotantes de "Le pianO du Lac", que se inician o vindeiro 21 de xullo na praia fluvial do Val, son unha das actividades principais da programación cultural do Concello de Mondariz para o verán 2021.