Mércores, 11 Decembro de 2024

Música e animación en Bugarín coa charanga SDK

Actuación ao abeiro do programa Cultura24Actuación ao abeiro do programa Cultura24

O programa Cultura24 continúa levando actividades de lecer ás parroquias de Ponteareas. A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a gozar da música e animación da charanga SDK, que levará o ritmo este venres 23 ao Centro Cultural de Bugarín. A actuación será a partir das 21.00 horas.

A actividade será de balde e realizarase cumprindo con todas as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias para garantir a saúde de todos e todas.

Fernando Groba anima a toda a veciñanza a gozar desta nova actividade do Cultura24, que busca “achegar a actividade cultural ás vinte e catro parroquias que compoñen o concello ponteareán, ao tempo que se dinamizan os centros culturais e o tecido creativo do propio municipio, colaborando para promocionar a súa arte, potenciar o seu funcionamento e contribuíndo ao seu mantemento”.