Mércores, 2 Xullo de 2025

O Condado

O pleno de Ponteareas aproba o primeiro Plan de Igualdade do persoal do Concello

O pleno de Ponteareas aprobou onte o primeiro o Plan de Igualdade do persoal municipal do Concello. O documento, promovido pola concellaría de Benestar Social e Igualdade que dirixe Verónica Carrera, contempla 39 actuacións que permitirán camiñar cara a igualdade entre ambos xéneros na plantilla de persoal da entidade local.

Os espectáculos nocturnos volven ás rúas de Ponteareas

O programa ‘Noites ao vivo’ volverá a encher este verán as noites e as rúas de Ponteareas cos seus espectáculos ao aire libre para todos os públicos. O Mago Martín será o encargado de dar o pistoletazo de saída a unha nova edición deste programa, que ata finais do mes de agosto ofrecerá diversas propostas culturais de diferentes estilos.

Concienciación e conservación do territorio camiñan da man en Ponteareas co voluntariado ambiental xuvenil

Coidar o medio ambiente xa non é unha opción, é unha obriga para todas as persoas que habitan no planeta. Algo do que é consciente o Concello de Ponteareas, que leva anos desenvolvendo o programa de Voluntariado Ambiental Xuvenil, posto en marcha pola Concellaría de Voluntariado que dirixe Miguel Bouzó e que ofrece á mocidade “a oportunidade de desfrutar, aprender e mellorar os vínculos coa súa contorna”.

Obradoiro de iniciación ao ilusionismo no programa ‘Mocidade Viva’ de Ponteareas

O programa Mocidade Viva busca esta semana aprendices de maxia. A Concellaría de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, organiza este xoves 29 de xullo un obradoiro de iniciación no que todos os mozos e mozas maiores de 12 anos poderán introducirse no mundo do ilusionismo da man do Mago Martín.

Ponteareas moverase a ritmo de rock’n‘roll coa Escola de Rock de Paredes de Coura

Ponteareas moverase este mércores 28 de xullo a ritmo de rock and roll. A Praza Maior acollerá a partir das 21:00 horas o concerto da Escola de Rock de Paredes de Coura, que elixiu a vila como un dos escenarios da súa xira por Galicia.

O Consello Escolar de Ponteareas pecha o curso cun positivo balance

O Consello Escolar de Ponteareas pechou o curso 2020/21 con balance positivo. A alcaldesa, Cristina Fernández, recoñeceu o bo facer do alumnado e o profesorado durante un ano tan difícil, e destacou as actuacións desenvolvidas dende a concellaría de Educación. Na xuntanza, ademais de analizar todas as actividades desenvolvidas durante o curso, tamén se aproveitou para revisar a nova normativa contra a Covid e iniciar así o curso con total seguridade.

Mondariz levará a Pleno a mellora e ampliación dunha senda fluvial no río Xabriña

O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, acordou coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil un convenio de colaboración para a execución dun proxecto de mellora e ampliación da senda fluvial da Coviña, que transcorre pola beira do río Xabriña, afluente do Tea e parte do espazo protexido pola Rede Natura 2000.

Salvaterra pide novas liñas de tren con Vigo e Ourense

O Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra vén de presentar ao Pleno da Corporación unha proposta da Alcaldía onde se solicita a Renfe Viajeros que reconsidere a decisión pola que retiraria, da coñecida como Vía do Miño, os trens que unen Vigo con Madrid, mantendo as paradas en Redondela e Guillarei en vez de facelo en Santiago.

O folclore internacional volve a Ponteareas no festival “Algazara Danzando entre Culturas”

Os ritmos internacionais volverán a resoar en Ponteareas como cada verán dende 2015. O próximo domingo día 1 de agosto ás 22.00 horas o parque da Feira Vella acollerá a 7ª edición do festival “Algazara Danzando entre Culturas”.

EU Ponteareas congratúlase da modificación da circunvalación

Esquerda Unida de Ponteareas cualificou de "boa nova" o feito de que no anteproxecto para definir a mellor solución para unha conexión entre a estrada N-120 e a autovía A-52, á altura do núcleo de Ponteareas, desbotárase a proposta inicial dunha vía paralela ao río Uma. Deste xeito, a circunvalación contemplada no PXOM pendente de aprobación e que Esquerda Unida rexeitou en todo momento pola súa grave afección ao entorno do rio Uma e por pasar a 50 m da Ponte do Cabalón, xa non será unha opción

Mondariz inicia os seus pagamentos á Xunta polo Centro de Día

O Centro de Día de Mondariz, que no ano 2019 acumulaba impagamentos deste concello por valor de 97.500 € que ameazaban a renovación do convenio e a propia situación económica-financieira municipal, está hoxe en día totalmente estabilizado.

O programa ‘Coñece Ponteareas’ volve neste mes de agosto cunha visita guiada a Angoares

O programa ‘Coñece Ponteareas’ volve este mes de agosto con novas visitas guiadas no municipio. O departamento de Turismo, dependente da Concellaría de Promoción económica, en colaboración coa Concellaría de Cultura, ten data para o primeiro encontro, unha visita o vindeiro domingo 1 de agosto a través do que se poderá coñecer un pouco máis Angoares.