Xoves, 10 Xullo de 2025

O Condado

Ponteareas recuperará a Casa Cultural de Couso

O Concello de Ponteareas recuperará a Casa Cultural de Couso, un edificio de importancia para o barrio de Guláns que actualmente está en moi mal estado, xa que é moi antigo, do ano 1950, para que a veciñanza poida volver gozar del.

A aula CeMIT de Ponteareas retoma a súa actividade con catro cursos de iniciación de balde este mes de febreiro

A aula CeMIT de Ponteareas retoma este mes de febreiro a súa actividade con novos cursos presenciais e de balde abertos a toda a veciñanza.

Comeza o período de inscrición para participar no IV Trail Orixes Mondariz

O Concello de Mondariz e a Asociación Deportiva Mondariz retoman este ano 2022 a organización da cuarta edición do Trail Orixes Mondariz, un popular evento deportivo que xurdiu co propósito de fomentar a actividade deportiva ao aire libre e dar a coñecer os enormes atractivos naturais de Mondariz e a súa contorna.

Ponteareas pon en marcha un novo modelo de illas reciclaxe para mellorar a xestión de residuos

O Concello continúa traballando para facer de Ponteareas unha vila máis sostible. Neste camiño, acaba de poñer en marcha un novo modelo de illas de reciclaxe coa que mellorar non só a xestión, senón tamén os espazos de recollida de residuos.

O BNG das Neves elixe a Óscar González como Responsable Local

Logo das Asembleas Nacional e Comarcal, o BNG da localidade das Neves continúa co proceso de renovación de cargos nomeando a Óscar González coma o seu Responsable Local. A decisión, acordada por unanimidade, tamén inclúe a Mónica Velasco coma responsable de finanzas, a Fernando Rodríguez coma responsable de Organización e a Rocío Barreiro encargada da área de comunicación.

Ponteareas homenaxea a Castelao

O Concello de Ponteareas realizou a pasada fin de semana unha homenaxe a figura e legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao polo aniversario do seu nacemento e para celebrar o Día da Ilustración.

Luz verde do Pleno municipal para que Mondariz financie con préstamo bancario o cambio a LED do alumeado público

O Goberno de Mondariz levou a pasada semana ao Pleno municipal a súa proposta de financiar o 20% do cambio a LED de toda a rede municipal de alumeado público a través dun préstamo bancario.

A Plataforma N-120 asegura que o PSOE de Ponteareas “deixa de existir como interlocutor válido”

A dirección da Plataforma N-120 de Ponteareas fixo público na tarde noite de onte un comunicado de prensa no que expresan "o total e firme apoio ao noso portavoz José Luís Campos Represas", ao mesmo tempo que asesguran que "todas as intervencións públicas que fixo o noso portavoz foron consensuadas por nós".

Ponteareas licita a redacción dos proxectos de mobilidade amábel e recuperación dos espazos públicos ao abeiro da Rede Ágora

O Concello de Ponteareas vén de sacar a licitación a redacción dos proxectos de mobilidade amábel e recuperación dos espazos públicos no ámbito municipal de Ponteareas, pertencente á Rede Ágora promovida pola Deputación de Pontevedra.

Concello de Ponteareas, Estado e Xunta asinan o convenio para a ampliación e reforma da Depuradora da Moscadeira

Fito histórico para Ponteareas, que acada o maior investimento da súa historia nun equipamento municipal. O Concello, a Xunta de Galicia e o Estado asinaron este venres 28 o convenio de colaboración que permitirá levar a cabo en 2023 as obras de ampliación e reforma da estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Moscadeira. Estas obras son imprescindíbeis para solucionar dous graves problemas históricos de Ponteareas, a contaminación do Tea e a falta de saneamento no rural.

Dúas persoas trasladadas tras producirse un incendio nunha vivenda en Ponteareas que obrigou a desaloxar aos veciños do edificio

Tres persoas precisaron de asistencia sanitaria tralo incendio que se produciu nun edificio da céntrica rúa Rosalía de Castro de Ponteareas. Dúas das persoas tiveron que ser trasladadas ao centro sanitario de referencia e unha terceira puido ser atendida no mesmo lugar do suceso polos profesionais sanitarios.

O Pleno de Ponteareas aproba por unanimidade as propostas do BNG para mellorar a sanidade pública

O Pleno de Ponteareas aprobou por unanimidade a batería de iniciativas presentada polo BNG para “garantir unha atención sanitaria digna ante o colapso da Atención Primaria, con cadros de persoal insuficientes para atender as necesidades sanitarias da poboación”.