Xoves, 8 Maio de 2025

Mondariz

Mondariz continúa mellorando o campo municipal de fútbol da Lagoa

O Concello de Mondariz ten proxectado este ano mellorar a accesibilidade do campo municipal de fútbol da Lagoa, cun investimento de 62.000 euros.

Máis de 100 entidades locais participaron no primeiro ciclo de reunións do GDR Condado Paradanta

Máis de 100 asociacións participaron no primeiro ciclo de reunións convocadas polo GDR Condado Paradanta en sete dos 10 concellos que integran o territorio da entidade. O obxectivo dos encontros é convidar aos actores locais máis representativos a participar de maneira conxunta no desenvolvemento local.

Mondariz mellora e amplía as instalacións de lecer para a mocidade

As obras de mellora no parque infantil de Mondariz –situado no Monte da Ovella, xunto á biblioteca pública municipal– xa foron licitadas e comezarán estes días.

AporM censura ao alcalde porque a piscina municipal de Mondariz tampouco abrirá ao público este verán

O goberno municipal de Mondariz vén de anunciar que a piscina municipal, situada no barrio do Pé do Muíño, na parroquia de Riofrío, tampouco vai abrir as súas portas este verán.

Mondariz promove a conciliación laboral, familiar e persoal un ano máis a través do Campaverán 2022

Mondariz Campaverán 2022 desenvolverase durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres (agás festivos) en horario de 9:00-14:00 horas, nas instalacións do antigo CEIP Riofrío-Vilar (Pe do Muíño, s/n, parroquia de Riofrío), sede actual da Escola Municipal de Música de Mondariz.

Mondariz celebra o paso histórico de regular a súas relacións coas entidades locais menores

O Goberno municipal do Concello de Mondariz, encabezado polo alcalde Xosé Emilio Barros, recibiu na Casa Consistorial aos representantes das entidades locais menores de Vilasobroso e Queimadelos para asinar formalmente os convenios aprobados a principios de ano para regular as relacións de cooperación e coordinación entre o Concello de Mondariz e cada entidade local menor, e dar cumprimento á Lei de Administración Local de Galicia.

Éxito de participación no IV Trail Orixes de Mondariz

A cuarta edición do Trail Orixes, organizado pola Asociación Deportiva Mondariz coa colaboración do Concello de Mondariz, reuniu este sábado, 21 de maio, a máis de 400 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia.

“Degusta Europa” chega a Mondariz nunha nova cita gastronómica

O programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa” continúa a súa ruta polos mercados da provincia cunha nova parada en Mondariz.

A depuradora de Vilasobroso, unha obra mal proxectada que precisa de máis recursos municipais para comezar a funcionar

O Goberno de Mondariz continúa traballando para dotar de conexión eléctrica á estación depuradora de augas residuais construída a finais do ano pasado en Vilasobroso para dar servizo a unha decena de vivendas dos barrios da Pena e do Cruceiro.

A depuradora de Vilasobroso segue sen funcionar 10 meses despois do remate das obras

Os concelleiros Xoán C. Montes e Tino denuncian que a EDAR, pensada para dar servizo aos barrios da Pena e O Cruceiro, segue sen servizo despois de investir máis de 137 000 €

Mondariz celebra o mes da lingua cunha intensa programación de actividades socioculturais

O Concello de Mondariz continúa este mes de maio cunha intensa programación primaveral de actividades socioculturais para celebrar a nosa lingua.

Mondariz celebra o mes do libro con adaptacións cinematográficas de obras literarias e outras actividades

A programación cultural do Concello de Mondariz neste mes de abril ten o libro como protagonista, mais vai máis alá da simbólica data do 23 de abril (Día Internacional do Libro) e inclúe actividades case todos os fins de semana.