16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz promove a conciliación laboral, familiar e persoal un ano máis a...

    Mondariz promove a conciliación laboral, familiar e persoal un ano máis a través do Campaverán 2022

    Este 7 de xuño comeza o período de solicitude de praza para esta actividade estival dirixida a familias con nenos e nenas de 3 a 12 anos

    Mondariz Campaverán 2022 desenvolverase durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres (agás festivos) en horario de 9:00-14:00 horas, nas instalacións do antigo CEIP Riofrío-Vilar (Pe do Muíño, s/n, parroquia de Riofrío), sede actual da Escola Municipal de Música de Mondariz. Un ano máis, esta actividade está dirixida a familias con nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade, con necesidades de conciliación laboral, familiar ou persoal por estar traballando, ter persoas dependentes ao seu cargo, realizar un curso de formación ou atoparse en situación de especial vulnerabilidade. Aínda que as persoas empadroadas no Concello de Mondariz teñen preferencia na asignación de prazas, o empadroamento non é un requerimento de obrigado cumprimento.

    As bases de participación no Mondariz Campaverán 2022 e o formulario de inscrición xa están publicados na Sede Electrónica do Concello de Mondariz para a súa consulta pública. O prazo para solicitar praza estará aberto entre o 7 e o 21 de xuño.

    O campamento admite un total de 50 prazas e permite unha participación completa (dous meses) ou parcial (unha quincena ou un mes). Así mesmo, posibilita una ampliación de horario (8.30-14.30 horas) mediante o Servizo de Garda. Durante o período non lectivo de verán, preséntase como unha alternativa de lecer e tempo libre que axuda a fomentar o desenvolvemento integral dos nenos e das nenas participantes a través dunha educación en valores.

    As solicitudes poderán presentarse presencialmente na OMIX do Concello de Mondariz de luns a venres, de 9.00 a 14.30 horas, por correo electrónico (omix@mondariz.gal) ou a través da sede electrónica, mediante instancia xeral, adxuntando a documentación correspondente.

    Piscina pechada durante o verán

    No mesmo recinto do antigo CEIP Riofrío-Vilar (Pe do Muíño, s/n, parroquia de Riofrío) que acolle un ano máis o Mondariz Campaverán 2022 sitúase a piscina municipal, que permanecerá pechada durante os meses de verán debido á necesidade de emprender obras nas instalacións.

    Nos últimos anos, a piscina municipal estivo pechada polos riscos epidemiolóxicos asociados á situación sanitaria. O deterioro das instalacións, con todo, obriga a realizar varias obras de reparación que requiren destinar importantes recursos municipais.

    “Existe unha desproporcionalidade manifesta entre o gasto xerado para a posta en marcha e o escaso uso que se fai da instalación, xa que no Concello de Mondariz hai numerosas praias fluviais e zonas de baño nos ríos que atraen tradicionalmente á veciñanza. A isto hai que sumar as dificultades existentes para dispoñer de socorristas”, explica Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.