Sábado, 3 Maio de 2025

As Neves

As Neves apola pola “acción continuada” fronte á pandemia coa colaboración veciñal

Diante do aumento da demanda de material de protección individual e as dificultades para cubrir a necesidade que hai do mesmo, o Concello das Neves puxo en marcha unha iniciativa de colaboración veciñal para a confección de batas e mascarillas reutilizables, a partir de tecido de uso sanitario financiado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), e que aporta a coordinadora do equipo solidario de batas e mascarillas de Ponteareas, Maite Isla.

As Neves intensifica os traballos de desinfección en toda a vila para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio

O Concello das Neves segue adiante cos traballos de limpeza en todas as parroquias e no centro, de cara a reducir ao máximo a posibilidade de contaxio por COVID-19. Á labor desenvolvida para a desinfección realizada nos lugares máis transitados-coma gasolineiras, farmacias, supermercados, panaderías, bancos, parada de taxis, tendas, o Centro de Saúde, prazas ou a oficina de Correos, –ademais de todos os edificios públicos– seguiu esta pasada fin de semana a das illas e contedores do lixo, repartidos por 331 puntos das Neves.

Os Servizos Sociais das Neves amplía a 12 horas diarias o seu servizo de atención telefónica

O Concello das Neves vén de ampliar o horario de atención telefónica do seu departamento de Servizos Sociais co obxectivo de "facilitar a atención a todas aquelas veciños e veciñas que o precisen", cando enfrontamos a segunda semana de confinamento e logo de que estea previsto que este se alongue, cando menos, dúas semanas máis.

As Neves habilita un servizo de entrega de bens de primeira necesidade

O Concello das Neves vén de anunciar a posta en marcha dun servizo de entrega de bens de primeira necesidade destinado a aquelas persoas que non dispoñan de medios para adquirilos nestes momentos.

A ACD Sanomedio organiza, para esta fin de semana, unha ruta BTT e outra de sendeirismo nas Neves

A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio (ACD Sanomedio) organiza un ano máis, co o apoio do Concello das Neves a súa a IX ruta BTT 'Los 66 del Requesón', proba que terá lugar este vindeiro domingo. Paralelamente desenvolveráse unha ruta de sendeirismo, apta para todas as idades, cun percorrido de 13 quilómetros.

A internacionalización da ‘XXIX Feira do Requeixo e o Mel’ das Neves

A Escola Profesional do Alto Miño Interior (EPRAMI) de Monção acolleu, onte sábado, a presentación oficial da que será a vixésimo novena edición da 'Feira do Requeixo e o Mel' das neves que se desenvolverá os días 11 e 12 de abril, e que contará cun amplo abano de actividades. O acto de presentación contou coa presenza do alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez; o vereador de Acción Social, Cultura e Turismo de Monção, João Oliveira; a concelleira de Cultura das Neves, Rocío Barreiro e o presidente da Cooperativa do Requeixo das Neves, Alejandro Martínez.

As Neves pon en funcionamento un moderno sistema de control horario do persoal municipal

Dende o pasado luns, 2 de marzo, está en funcionamento no Concello de As Neves un 'Sistema de Control Horario' dos traballadores e traballadoras municipais, que neste momento son 37 persoas e que no verán chegarán a 53.

Os montes das Neves recuperan cor coa plantación de 1.800 árbores autóctonas máis

As Neves sigue collendo cor e pintando de verde a súa paisaxe que, dous anos e medio despois, aínda lembra os terribles incendios de outubro de 2017 que arrasaron o 95 % do concello. O sábado 14 de marzo, impulsado por ONE OAK, o Concello de As Neves, a Comunidade de Montes de Santa Olaia e Voluntariado As Neves, está programada a plantación de 1.800 árbores autóctonas, entre elas 1.000 castiñeiros, na Parroquia de Batalláns.

As Neves abre a inscrición para as probas do posto de auxiliar da Biblioteca Municipal

O Concello de As Neves ven de sacar a concurso a praza de Auxiliar da Biblioteca municipal aberta a aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos nas bases da mesma, entre eles estar en posesión do título de Bacharelato, técnico de Formación Profesional, ou calquera outro equivalente, ou ter o título acreditativo de nivel de coñecemento da lingua galega, CELGA IV, ou equivalente.

As obras da Escola Infantil de Taboexa, As Neves, estarán rematadas este mesmo mes

A Concellería de Educación de As Neves agarda rematar este mes as obras de Escola de Educación Infantil de Taboexa, no que aumentou o número de alumnas e alumnos, na que xa fora instalada a nova calefacción –que leva semanas en funcionamento– e se habilitase a segunda aula, logo de realizar un investimento de 1.500 €.

A romaría de Santa Marta de Ribarteme xa é Festa de Interese Turístico de Galicia

O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, amosouse "agradecido e satisfeito" ao recoller este venres, por parte do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na Cidade da Cultura, en Compostela, a distinción de 'Festa de Interese Turístico de Galicia' para a Romaría de Santa Marta de Ribarteme".

As Neves remata obras de mellora de infraestruturas en distintos barrios e parroquias

A Concellería de Obras, que dirixe o primeiro tenente de alcalde das Neves, Marcelino Couto, vén de rematar varios traballos de optimización de infraestruturas en diferentes barrios e parroquias da vila, consistentes en asfaltado, melloras, limpeza e conservación de vías, camiños e pistas amais da colocación de tapas no saneamento.