Onte ao mediodía, ao fío das 14:00 horas, un particular informaba ao 112 Galicia de que un coche chocara contra unha árbore despois de saírse da vía, cando circulaba pola estrada que une Liñares e Salvaterra, no concello pontevedrés das Neves.
Ante o abandono do monte, a inacción do home e o deterioro do chan xorde o proxecto “Son de Monte” impulsado por seis Grupos de Desenvolvemento Local (GDR) de Galicia, que se unen nesta iniciativa ao entenderen que o aproveitamento dos recursos naturais é o mellor xeito de coidar os montes e o rural galego. “Somos unha afirmación de optimismo que quere ser bandeira dunha vida digna no rural”.
As Neves inicia este domingo, día 10, as actividades da XV Festa do Tinto das Rías Baixas, que terá o seu día central o martes, 12 de outubro. A festa recupera, case na súa totalidade, o seu formato habitual.
O Concello das Neves vén de poñer en marcha un portal inmobiliario público, vivenasneves.gal, que ten coma obxectivo impulsar a "recuperación de poboación", facilitando que aquelas persoas que o desexen, podan atopar vivenda nas Neves, en venta o en alugueiro.
Xa son 140 veciños de Ponteareas e As Neves os que pasaron polas aulas de formación dual da vila do Tea dende 2015. Así o afirmou hoxe a alcaldesa ponteareá, Cristina Fernández Davila, durante o acto de clausura dos obradoiros de emprego “Coidar de Nós III”.
De Ste Xeito ofrecerá, este vindeiro domingo 19 de Setembro, ás 18:30 h, no Auditorio Municipal das Neves a súa peza Loló e Mamá, unha proposta que é unha danza teatral que grazas a un humor fino e ácido consegue facernos ver que as cousas case nunca son o que parecían.
Antes de acabar este 2021 o alumeado público das Neves estará composto íntegramente por luminarias LED, de xeito que este concello será o primeiro do Condado que completará a renovación integral deixando definitivamente atrás o vello 'sistema' de vapor de mercurio.
Grazas a un acordo co Concello, dende o pasado día 8 de agosto, os integrantes do Club Baixo Miño de Natación, de Tui, están adestrando na piscina municipal das Neves. As nadadoras e nadadores dispoñen da pileta unha hora diaria, de 11:30 a 12:30 h. A piscina das Neves, de dimensións preolímpicas, é a única que poden utilizar estes deportistas logo de que as de Tui, Salceda, Salvaterra e Mondariz permanezan pechadas este verán.
Centos de veciños das Neves, representantes das comunidades de montes de Santiago de Ribarteme, Rubiós, Taboexa, San Xosé de Ribarteme e San Pedro de Batalláns e o Goberno local ao completo, achegáronse este sábado ata o miradoiro de San Nomedio para amosar o rexeitamento ao proxecto do parque eólico que, baixo o nome de 'Coto de Lobos', pretende instalarse neste enclave único da vila.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por preto de 800.000 euros as obras de mellora do firme das estradas autonómica PO-510 e PO-400, nos concellos do Porriño, de Salceda de Caselas, de Salvaterra de Miño e das Neves.
Esta pasada fin de semana tivo lugar o VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, sendo unha das Probas da liga Galega de Raids de aventura, para a liga Española de Raids de aventura 2021 e ademais este ano volveu ser a proba que decide aos campións de España das categorías elite e aventura (CERA 2021).
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.