7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoAs NevesO teatro chega este domingo ao Auditorio Municipal das Neves da man...

    O teatro chega este domingo ao Auditorio Municipal das Neves da man de ‘De Ste Xeito’

    De Ste Xeito ofrecerá, este vindeiro domingo 19 de Setembro, ás 18:30 h, no Auditorio Municipal das Neves a súa peza Loló e Mamá, unha proposta que é unha danza teatral que grazas a un humor fino e ácido consegue facernos ver que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre fío: canto máis se ama, máis doen as cousas, antes de curar.

    Click para ampliar

    Loló e Mamá é a primeira peza teatral de De Ste Xeito Producións, dirixida e escrita por Esther F. Carrodeguas e interpretada por Stephy Llaryora e Pepa Barreiro.

    Sinopse de Loló e Mamá

    Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial, que axudaría a xuntar a unha familia desestructurada desde sempre, axiña muda en desastre. O amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.

    Adquisición de entradas

    As entradas de Loló e Mamá en As Neves serán gratuitas con aforo limitado. Reservas anticipadas no email cultura@asneves.gal. Recoméndase acudir con antelación suficiente para evitar aglomeracións. Máis información: Concello das Neves.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.