Sábado, 3 Maio de 2025

Salceda de Caselas

A Deputación recupera para as persoas o antigo Campo da Feira da Devesa de Salceda

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe xunto á alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira; aos deputados de infraestruturas e Cooperación, Gregorio Agís e Santos Héctor, amais da tenenta de alcalde, Verónica Tourón e integrantes do Goberno local, dúas obras levadas a cabo con achegas da institución provincial neste concello cun investimento próximo ao millón de euros, a urbanización do antigo Campo da Feira da Devesa, incluída no Plan DepoRemse, e a actuación de mobilidade sostible na estrada provincial EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano.

Loli Castiñeira: “chegar a acordos a través do diálogo é fundamental e aquí, en Salceda, demos exemplo”

Loli Castiñeira é a primeira alcaldesa da historia de Salceda de Caselas. Pase o que pase así quedará reflectida na historia do municipio. Dáse nela a circunstancia, non habitual, de chegar á alcaldía trala renuncia do alcalde electo, Marcos Besada, quen abría con este xesto a posibilidade de pactos que finalmente fraguaron para dar ao municipio, por primeira vez en anos, unha maioría estable.

Salceda prepárase para vivir o que é, posiblemente, o entroido máis antigo da provincia

A Casa da Cultura de Salceda foi o escenario elixido para presentar, na mañá de hoxe, o programa do Entroido 2020 do municipio, posiblemente un dos máis antigos da provincia e que dende hai máis de 130 anos mantén o enfrontamento, tan encarnizado coma incruento, entre dos barrios da mesma parroquia: A Feira e Castro Barreiro, do que existe unha primeira referencia escrita en 1888 o que fai pensar que é bastante máis antigo que esa data.

Salceda reduce a 35 horas semanais a xornada laboral do seu cadro de persoal

A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Salceda, convocada polo equipo de Goberno no día de onte, rematou con dúas importantes melloras para o cadro de persoal municipal ao aprobarse, por unha banda, a xornada laboral de 35 horas semanais e, doutra, a equiparación do persoal laboral e o persoal funcionario á hora de percibir un complemento do 100 % nas situacións de incapacidade temporal.

Conta atrás para o Entroido de Salceda de Caselas

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Cultura e Festexos que dirixe Alex Rodríguez, vén de publicar as bases para participar no XXII Desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará o domingo 23 de febreiro de 2020. As agrupacións de Salceda terán de prazo de inscrición do 3 ao 9 de febreiro.

O PP de Salceda vota, unha vez máis, en contra de pagar as facturas dos provedores

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda lamenta o acontecido na Comisión Informativa celebrada onte, onde unha vez máis o Partido Popular de Salceda "seguiu na liña de votar en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que permitirá o pago de 783.121,60 € a diferentes provedores do Concello de Salceda", sinala o executivo local.

Salceda presenta o seu Programa Integrado de Emprego

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Emprego e Formación que dirixe Verónica Tourón, presentou esta mañá no Auditorio Municipal, o Programa Integrado de Emprego, unha acción formativa que conta cunha subvención da Xunta de Galicia de 250.000 €.

Salceda pon en marcha o II Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes

O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar por unanimidade da corporación municipal o II Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes. A redacción do Plan correu a cargo de Laura Seara, quen foi directora do Instituto da Muller e Secretaria de Estado de Igualdade no Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, ademáis de deputada do Parlamento Galego durante os anos de 2001 a 2009, polo que se parte con un amplo coñecemento sobre a materia que sen dúbida é garante dos mellores resultados.

O comité directivo do Consorcio do Louro aproba completar o saneamento da Bouzavedra en Salceda

O comité directivo do Consorcio do Louro, no que participa a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, vén de aprobar por unanimidade o proxecto de ampliación da rede de saneamento de Bouzavedra, na parroquia de San Xurxo, que lle vai permitir a unha vintena de casas contar con este servizo esencial.

Nova vida para os antigos colexios de Salceda de Caselas

O Equipo de Goberno de Salceda levará ao Pleno ordinario do mes de decembro a proposta de afectación das antigas escolas de Revolta, Budiño, Picoña e San Xurxo para destinalas a usos sociocomunitarios unha vez que todas elas obtiveron o visto bo da Xunta de Galicia para desafectalas do uso educativo.

Salceda presenta o seu programa de Nadal. “Nin mellor nin peor que outros, senón diferente”

"Un Nadal diferente. Nin mellor nin peor que os demáis, simplemente diferente". Así definiu na mañá de hoxe a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, a programación de Nadal que hoxe se presentaba e que ofrecerá, durante case que un mes, máis de trinta actividades pensadas, fundamentalmente para un público familiar. Terá o Nadal de Salceda, iso si, o seu prato forte: 'O Pequeno Circo de Nadal'.

Unha quincena de persoas benefícianse do programa «Cultiva a Mente» de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas, en colaboración con AFAGA e coa financiación da obra social de Caixabank está a desenvolver unha nova edición do programa 'Cultiva a mente', un proxecto que engloba a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional.