12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasO comité directivo do Consorcio do Louro aproba completar o saneamento da...

    O comité directivo do Consorcio do Louro aproba completar o saneamento da Bouzavedra en Salceda

    O comité directivo do Consorcio do Louro, no que participa a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, vén de aprobar por unanimidade o proxecto de ampliación da rede de saneamento de Bouzavedra, na parroquia de San Xurxo, que lle vai permitir a unha vintena de casas contar con este servizo esencial.

    Prevese a construción dun colector de 760 metros de lonxitude que funcionará mediante un sistema de bombeo, conectado á rede existente actualmente na zona, e que se realizará na súa totalidade a través de terreos de titularidade pública. O proxecto, que conta cun orzamento de 208.767,02 €, ten un prazo de execución de 6 meses a partires da adxudicación do contrato, e será executada cos fondos do Consorcio de Augas do Louro dentro do libro de ruta para a construción de novos tramos de saneamento nos catro Concellos (Salceda, Mos, Porriño e Tui).

    O proxecto supón un novo paso na consecución do saneamento integral de Salceda, aínda que lembran dende o Concello que a día de hoxe a Xunta segue sen executar os proxectos de saneamento das parroquias de Soutelo e Entenza, despois de que devolvesen os fondos europeos por non poñer o 20% que lle correspondía á Xunta.

    Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, amosou a súa satisfacción pola aprobación dun proxecto “polo que se levaba moito tempo agardando e que por fin se fai realidade”. Aon esta actuación, subliñou Castiñeira “ponse a tódolos veciños e veciñas do barrio de Bouzavedra en igualdade de condicións, pois ata o de agora sólo a metade alta do barrio contaba con este servizo”.

    A alcaldesa manifestou así mesmo o seu desexo de que o proxecto se poida levar a cabo no menor prazo de tempo posible, polo que insta ao Consorcio do Louro a realizar os trámites de licitación canto antes. “Seguimos a traballar pola mellora das nosas parroquias, conscientes de que a vida no rural debe ter as mesmas condicións e servizos que a vida no casco urbano, polo que a aposta deste equipo de Goberno seguirá a ser a mellora das sete parroquias de Salceda”, concluiu Loli Castiñeira

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.