Luns, 5 Maio de 2025

Salceda de Caselas

Salceda de Caselas aposta polo ensino público rehabilitando a escola en Budiño coa axuda da Deputación

O Concello de Salceda de Caselas reforzou a súa aposta polo Ensino Público e a consolidación da poboación no rural coas obras que vén de acometer para a reforma integral do edificio de San Estevo de Budiño, englobado dentro do Colexio Rural Agrupado (CRA) Raíña Aragonta.

Salceda loita contra o feísmo no casco urbano para potenciar o turismo

O Concello de Salceda de Caselas está a realizar un traballo de revisión das fachadas dos edificios do casco urbano que non se manteñan limpas e en bo estado.

O Concello de Salceda mantén a súa aposta polo tecido asociativo

O Concello de Salceda de Caselas ven de asinar coas asociacións os convenios de colaboración para o ano 2021, que lles permitirá percibir en total 126.751,40 €. Estas axudas –as máis altas da historia– veñen recollidas no orzamento 2021 como subvencións nominativas e destínanse a colaborar na sufragación dos gastos de funcionamento e de actividades das entidades.

Salceda acomete a limpeza da fachada do CRA Raíña Aragonta

O Concello de Salceda de Caselas está a desenvolver nestes días as labores de hidrolimpeza das fachadas, canelóns e sumidoiros de pluviais do CRA Raíña Aragonta, unha limpeza extraordinaria que se realiza por primeira vez neste centro, forma parte do Plan de Mellora, mantemento, reparación e limpeza para a posta a punto das instalacións educativas.

SAPIX denuncia o estado do aseos do CEP Altamira en Salceda de Caselas

A asociación de Salceda pola Infancia e a Xuventude (SAPIX) quere amosar a súa preocupación polo estado do CEP Altamira en Salceda de Caselas.

Concello de Salceda e Ministerio de Educación asinan un convenio para desenvolver o programa de formación aberta ‘Aula Mentor’

O Concello de Salceda de Caselas e o Minsterio de Educación veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá desenvolver o programa de formación aberta denominado 'Aula Mentor'. Cómpre lembrar que dende o 2014 o Concello de Salceda de Caselas formaba parte da rede de Aulas Auxiliares, pasando agora a ser titular da Aula Mentor e formando parte así da estrutura orgánica básica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Salceda nomea o seu primeiro oficial de policía local

O Concello de Salceda de Caselas ven de nomear ao que será o seu primeiro oficial de policía, logo dun proceso de promoción interna ao que se presentaron un e unha axente dos seis que forman actualmente o corpo de seguridade do municipio.

O CDL O Torrón de Salceda terá unha nova cuberta

Nestes días darán comezo en Salceda as obras de cambio de tella do CDL O Torrón, en Entenza. Un centro dedicado á promoción económica, emprego e formación.

Baiona, O Porriño, Salceda e Tomiño, beneficiarios das novas achegas do Plan Concellos da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas da Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2021 por importe de 2,2 millóns de euros (2.253.705€) que beneficiarán a doce concellos da provincia.

‘O Estourazo’ homenaxeará á Agrupación Gaiteira de Salceda polo seu décimo aniversario

O vindeiro sábado 17 de xullo, Salceda celebrará o tradicional Estourazo co que se dá o pistoletazo de saída ás Festas do Cristo e coa Agrupación Gaiteira de Salceda como colectivo homenaxeado. Serán polo tanto as persoas integrantes desta agrupación as encargadas de disparar o foguete.

Salceda xa conta coun dous proxectos inscritos no Rexistro de Absorcións de CO2 do Ministerio de Transición Ecolóxica

As comunidades de montes de San Esteban de Budiño e de Parderrubias, ambas de Salceda de Caselas, impulsaron senllos proxectos de restauración ambiental nos seus montes, afectados polos incendios acontecidos en outubro do 2017. A iniciativa das comunidades, nas que participan máis de 160 familias comuneiras, permitiu a recuperación forestal de 27 hectáreas de superficie, que foron plantadas con piñeiros do país e frondosas caducifolias (castiñeiros e carballos).

Oito municipios, entre eles Redondela, Salceda, Arbo, A Guarda e Tui, recibirán 1,7 millóns de euros da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento de 1,7 millón de euros ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2021, que beneficiarán a oito concellos da provincia. Trátase de nove achegas para os municipios de Redondela e Salceda na comarca de Vigo; A Lama e Poio na de Pontevedra; A Guarda e Tui no Baixo Miño; Cangas na comarca do Morrazo e Arbo na da Paradanta, coas que poderán financiar obras de humanización, reurbanizacións, pavimentados ou mobilidade segura.