Xoves, 8 Maio de 2025

A Louriña

Case rematada a obra de renovación da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta os traballos de renovación da cuberta do Pavillón de Sanguiñeda, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, o edil mosense de Urbanismo, José Ramilo, e representantes da empresa constructora.

A canción do Nadal 2023 nace no Porriño

O grupo Xeración M vén de proclamarse gañador do concurso “Este Nadal canta con nós” da CRTVG e con tal motivo foi recibido no Concello do Porriño.

Mos prevén na cativada posibles adiccións futuras co programa Saúde na Escola de Érguete

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, achegáronse ata o CEIP de Sanguiñeda, Mestre Valverde Mayo, para visitar e compartir a experiencia coa cativada participante no programa Saúde na Escola impartido por Érguete.

A Policía Local de Mos mellora a técnica de tiro na galería de realidade virtual da Policía Nacional

O vindeiro mes de xaneiro a Policía Local de Mos comezará as prácticas de tiro cun instructor na galería dotada de sistema de realidad virtual da sede da Policía Nacional Vigo-Redondela, sita en Vigo.

120 persoas desempregadas iniciaron onte un itinerario formativo e laboral en Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Formación e Emprego, Julia Loureiro, visitaron na Axencia de Colocación do Concello aos 20 participantes do novo Obradoiro Dual de Emprego, Queda en Mos II, e aos 100 participantes no novo Programa Integrado de Emprego.

O Concello de Salceda continúa a implantación do método CER

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Axenda Ecolóxica que dirixe Marcos Troncoso, avanza no coidado das colonias de gatos existentes no casco urbano do municipio

Rematan as obras da nova senda peonil desde o Centro Cultural de Guizán ao Cruce do Moreno

A nova senda peonil desde o Centro Cultural de Guizán ao Cruce do Moreno (segunda fase da humanización da Estrada Louriñó-Sobráns), incluída no Plan Mos Humanizado, e cun investimento de 657.456,66 euros, atópase prácticamente rematada a falla únicamente do pintado da sinalización horizontal, que quedará realizado antes de fin de mes.

O Plan Hurbe na contorna da Capela avanza a bo ritmo iniciando a transformación cara ao gran San Eleuterio

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil de Urbanismo, José Ramilo, visitaron estes días as obras do Plan Hurbe de humanización da contorna de San Eleuterio; que comezaron a finais do pasado mes de agosto, e avanzan a bo ritmo.

Mos Axuda no Nadal por ‘Ningún neno sen agasallo’

A campaña Mos Axuda no Nadal inclúe desde fai anos o proxecto 'Ningún neno sen agasallo'. Esta iniciativa solidaria está promovida por Mos Axuda, Concello de Mos e coa colaboración da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, para que ningún desexo dun neno/a no Nadal quede sen facerse realidade.

A maxia do Nadal ilumina xa O Porriño

O Porriño viviu onte unha emotiva tarde coa praza Arquitecto Antonio Palacios ateigada de público, nenos e maiores, para vivir xuntos un dos momentos máis ilusionantes do ano, o acendido do alumbrado de Nadal.

Salceda revalida a súa terceira flor de honra no certame Vilas en Flor

O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir o galardón que outorga o certame Vilas en Flor para este ano 2023, sendo dos poucos Concellos que conta con tres flores de honra.

O Porriño presenta o seu novo punto violeta

A Secretaria Xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, acompañou ao alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e á concelleira de Igualdade, Carolina González, na presentación do novo Punto Violeta do Concello do Porriño.