Domingo, 11 Maio de 2025

A Louriña

Comeza o curso de cociña creativa no que se elaboran callos do mar

Con quince alumnos, comeza hoxe (a partir das 16 horas) o curso de cociña creativa que imparte o chef galego Ivan Méndez, orientado a persoas cunha actividade laboral ligada ao sector hostaleiro.

Mos anuncia unha importante actuación na mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciu esta mañán unha importante actuación na mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopan no Camiño de Santiago ao seu paso por Ameirolongo, na parroquia de de Sanguiñeda e que será executada a través dunha axuda concedida pola Consellería de Cultura e Turismo por importe total de 20.000 € dos que 15.000 € serán asumidos pola Xunta e 5.000 € polo Concello.

“Vodafone” gañou a nova licitación do Concello do Porriño

A oferta de “Vodafone” foi a mellor valorada entre as empresas de telefonía que presentaron plicas na licitación que ven de resolver e adxudicar a correspondente mesa de contratación celebrada polo Concello.

Profesionalización dos traballadores do sector limpeza na era da Covid-19

O actual Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos 3.0 (V Edición), subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e promovido pola concellería de Promoción económica, desenrolo empresarial e emprego do Concello de Mos que dirixe a edil Julia Loureiro, busca e estuda as mellores e máis eficaces estratexias de inserción laboral para os diferentes perfís profesionais do 100 usuarios/as participantes cos que conta.

O goberno municipal acada respaldo do pleno para iniciar a contratación do servizo de recollida de lixo e a xestión do punto limpo

O goberno municipal do Porriño acadou o respaldo da maioría da corporación para iniciar o expediente de contratación do servizo de recollida e transporte do lixo. O novo contrato que comeza a prepararse contempla tamén que o futuro adxudicatario se faga cargo doutros residuos domésticos e asimilables así como da xestión do ”Punto Limpo” do concello, segundo explicou Sergio Casal, concelleiro de Limpeza que defendeu a proposta.

As obras realizadas nos CEIP de Atios e Antonio Palacios no Porriño, son supervisadas por Educación

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional representada polo seu xefe territorial, César Pérez Ares, supervisou hoxe as obras acometidas polo departamento autonómico nos CEIP de Atios e o Antonio Palacios, ambos na localidade pontevedresa de O Porriño, cunha inversión que supera os 50.000 euros.

Os monitores da Piscina e Pavillón Óscar Pereiro reciben formación sobre protocolos da COVID-19 de cara á reapertura de instalacións

Onte impartiuse no salón de actos da Axencia de Colocación do Concello de Mos, unha formación específica en prevención da COVID-19 para os monitores deportivos municipais do Pavillón Óscar Pereiro e Piscina Municipal de cara á súa reapertura.

Vendidas todas as localidades para asistir ao Festival “Sons da Canteira”

A empresa promotora do I Festival “Sons da Canteira” que patrocina e organiza o Concello do Porriño, informa que xa están esgotadas todas as localidades. En total, 500 cadeiras pois é un aforo restrinxido polos protocolos anti-Covid-19. O prezo da localidade inclue o traslado. Os autobuses sairán dende a Avenida de Galicia.

O Festival de Cans no Porriño “un orgullo para esta provincia, que nos sitúa a nivel internacional”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou hoxe en O Porriño o importante papel cultural do Festival de Cans que “nos converte nunha referencia, nos sitúa en Galicia, no Estado, a nivel internacional, e que consegue algo extraordinario, que sexamos felices”. O evento, incluído na nova marca provincial de calidade “Rías Baixas Film Fest” creada coa Deputación para relanzar e fortalecer aos festivais de cinema, celebra a súa XVII edición entre o 2 e o 5 de setembro.

O “Louriña Cycling Team” estréase ao grande nos campionatos de España contra reloxo e fondo en estrada

Sonia Parente e Uxía Fernández, dúas cicilistas do “Louriña Cycling Team” fixeron a estrea do novo equipo ciclista porriñés que está a participar dende hoxe e ata o domingo 24, nos Campeonatos de España contra reloxo e de fondo en estrada que se celebran en Jaén.

Os desempregados interesados en certificarse en soldadura poden formarse en Mos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, ven de concederlle ao Concello de Mos a través da concellería de Promoción económica, desenrolo empresarial e emprego que dirixe a edil Julia Loureiro o curso de Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG.

O Concello de Salceda ofrece á Xunta o edificio do antigo centro de saúde “para que se poidan baixar as ratios dos colexios” no...

O Concello de Salceda de Caselas vén de ofrecer á Consellería de Educación da Xunta de Galicia o inmoble que albergaba o antigo centro de saúde da vila para que poida ser utilizado para uso educativo e "poder baixar as ratios dos colexios" no inicio do novo curso. Nesa liña, o Goberno local levará ao pleno do vindeiro día 27 de agosto, o campo de uso do edificio para poder utilizalo no uso educativo e fará o mesmo coa antiga aula unitaria de Revolta, en Parderrubias.