Sábado, 5 Xullo de 2025

A Louriña

Un accidente con dous coches implicados deixa catro feridos en Mos

Os catro feridos foron evacuados polos servizos sanitarios, dous ao Povisa de Vigo e os outros dous ao centro hospitalario Concheiro, tamén da cidade de Vigo.

350 persoas participaron, a unha semana da etapa 20 de La Vuelta, no ‘Mos sobre rodas’

350 persoas participaron, a unha semana da etapa 20 de La Vuelta, no ‘Mos sobre rodas’. Entre elas a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, o concelleiro de Deportes, José Areal, o edil de Medio Ambiente Sostible e Mocidade, Leo Costas, o concelleiro da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso, a deputada autonómica, Feli Rodríguez; e usuarios e monitores de DisCamino.

Os exteriores do Pazo de Mos acolleron o desfile e concurso de deseñadores noveis ‘DESFILAMOS’

Onte pola tarde ás 21:00 horas tivo lugar, no Pazo de Mos, o desfile ’DESFILAMOS’ que organiza a Asociación de Palilleiras de Mos.

Salceda solicita un novo un programa integrado de emprego

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un novo Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio.

Inician as obras de mellora do firme na PO-510 ao seu paso polo concello do Porriño

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, desprazouse ata o concello pontevedrés do Porriño para supervisar o inicio das obras de mellora do firme na PO-510.

Salceda de Caselas aposta polo ensino público rehabilitando a escola en Budiño coa axuda da Deputación

O Concello de Salceda de Caselas reforzou a súa aposta polo Ensino Público e a consolidación da poboación no rural coas obras que vén de acometer para a reforma integral do edificio de San Estevo de Budiño, englobado dentro do Colexio Rural Agrupado (CRA) Raíña Aragonta.

O mosense Anxo Martínez Rojo presenta na casa a súa curta ‘Aqueles días de agosto’

O mosense Anxo Martínez Rojo presentará no seu municipio natal, o concello de Mos, a súa curtametraxe ‘Aqueles días de agosto’, que se proxectará previamente ao film ‘María Solinha’.

O Porriño presentou “Trivium”, un concurso de ‘Trivial’ sobre o coñecemento do municipio

"Trivium Porriño" será un xogo xigante similar ao 'Trivial'. pero personalizado na vila, para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre O Porriño.

O Concello do Porriño pecha o punto de información catastral sen ofrecer axuda técnica

Tan só un mes despois de abrir o punto de información habilitado no Concello do Porriño para atender as consultas dos veciños sobre o incremento da valoración catastral; o goberno anuncia o seu peche.

A Policía Local do Porriño desarticulou un grupo que se dedicaba ao roubo en vivendas e vehículos

Axentes da Policía Local detiveron a tres mozos, veciños do Porriño, que formaban un grupo moi activo aos que se lles responsabiliza de diversos roubos en vivendas e tamén no interior de vehículos acaecidos no Porriño nos últimos días.

Salceda loita contra o feísmo no casco urbano para potenciar o turismo

O Concello de Salceda de Caselas está a realizar un traballo de revisión das fachadas dos edificios do casco urbano que non se manteñan limpas e en bo estado.

A casa das letras mosense levará o nome da principal representante das letras de Mos

‘Biblioteca Municipal María Magdalena’, así se chamará o edificio sito na Porteliña, parroquia de Petelos, que alberga tamén o Xulgado de Paz de Mos, e que o Concello ten previsto reformar mediante un proxecto de mellora integral para o que opta a subvención do Plan Concellos.