Luns, 5 Maio de 2025

O Porriño

Os comuneiros de Atios convocan unha asamblea o vindeiro 17 de outubro

Cumprindo estritamente todas as medidas de hixiene e seguridade sanitarias para evitar contaxios de Covid-19, a xunta reitora da comunidade de montes de Atios convoca aos comuneiros á asemblea xeral ordinaria para este sábado 17 de outubro.

Entra en vigor a modificación da ‘zona azul’ do Porriño na contorna do mercado

O Concello e a Policía Local do Porriño veñen de anunciar a entrada en vigor da modificación da ordenanza reguladora de aparcamentos (ORA), segundo o acordo acadado Polo pleno da corporación municipal do Porriño o pasado 30 de xuño e unha vez cumprimentados os prazos legais de alegacións e publicidade. As dúas principais novidades da modificación aprobada son a contía das sancións e o límite de tempo de estacionamento.

A pista 2 do Polideportivo Municipal do Porriño estrea nova imaxe

A pista 2 do Polideportivo Municipal, unha vez rematadas as obras de lixado, arranxo e colocación da nova superficie de madeira para concluír a reparación dos danos ocasionados polas inundacións do 1 de xuño, estrea nova imaxe co pintado das liñas da cancha en cor morada.

Aida Valiña, do equipo “Louriña Cycling Team”, encabeza os éxitos deportivos dos nosos clubs no Campionato Calego de Contra reloxo 2020

A triatleta Aida Valiño, flamante fichaxe do novo equipo ciclista porriñés "Louriña Cycling Team", produto da fusión entre "Máster da Louriña" e "A.D. Avanza", proclamouse campioa galega de contra reloxo individual 2020, na categoría elite. Cun crono de 19:36, Aida amosou a súa calidade. Hai que ter en conta que volveu á competición xa que estivo aleixada do ciclismo nestes últimos anos despois da súa maternidade e de sufrir dous accidentes de tráfico cando adestraba.

A Policía Local rescata a un veciño maior que camiñaba desorientado pola autovía

A Policía Local localizou a un home de 85 anos de idade, veciño de O Porriño, que circulaba a pé pola Autovía A-52, onte luns, ás 13:40 horas. A través do 112, recibiuse aviso de que un varón, de idade avanzada, camiñaba pola Autovía en dirección Vigo e que corría serio risco.

Catro podios nunha intensa fin de semana de ponte

A escola de ciclismo Avanza fixo fronte a unha intensa fin de semana de ponte, participando nas distintas probas que se levaron a cabo na fin de semana. Unha pequena delegación desprazábase a primeiras horas da mañá do venres desde as instalación de Tramo Libre camiño da Comunitat Valenciá para disputar dúas xornadas de ciclocross.

A concellería de Infraestruturas do Porriño convoca unha xuntanza coa veciñanza para dar a coñecer as obras de humanización da rúa Aloques

O concelleiro de Infraestruturas do Concello do Porriño, Pedro Pereira, vén de convocar á veciñanza da rúa Aloques a unha xuntanza informativa que terá lugar o vindeiro martes día 13, ás 19 horas, no salón de sesións do Concello. Trátase de explicar polo miúdo o plan de obra para executar o proxecto de humanización da devandita rúa.

As alcaldesas do Porriño, Mos, Tomiño e Salceda comprometéronse de novo cos traballadores de ‘Maderas Iglesias’ na procura de solucións

Seis dos concellos máis afectados pola crise de “Maderas Iglesias” xa que teñen máis veciños entre os 148 traballadores, estiveron representados na xuntanza celebrada hoxe no Porriño co comité de persoal desa industria.

Distintos accidentes en Mos e Porriño alteran a circulación na A-55

Afortunadamente, ningún dos accidentes rexistrados deixou feridos de gravidade. Nun intervalo de aproximadamente tres horas a circulación pola A-55 viuse alterada a causa das distintas colisións por alcance ocorridas nos concellos de Mos, Vigo e Porriño.

EU Son do Porriño advirte que non teñen que xustificarse ante o PP “porque nin somos goberno nin temos que renderlle contas aos Populares”

EU Son do Porriño saiu onte ao paso, de xeito claro e contundente, ás declaracións realizadas en días anteriores polo PP porriñés na que adiantaba a súa postura de solicitar a comparecencia da alcaldesa Eva García de la Torre e da voceira de EU Son, Patricia Sío, pola polémica xurdida sobre a suposta decisión da alcaldesa de dimitir.

O PP do Porriño solicita a comparecencia da alcaldesa e da voceira de EU Son ante os “graves feitos” dos últimos días

O Partido Popular do Porriño solicitará a comparecencia da Alcaldesa, Eva García, e da portavoz de EU SON Porriño-Son en Común, Patricia Sío, ante a "gravidade das declaracións feitas por ambos os grupos" nos últimos días sobre os termos de negación para a aprobación dun Recoñecemento Extraxudicial de Crédito por importe de 3 millóns de euros.

Eva García desminte que vaia dimitir e acusa a EU Son de “alimentar o rumor”

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, desmentiu “rotundamente” que vaia a dimitir como alcaldesa do Porriño e asegura que o rumor é "alimentado de xeito interesado” apuntando directamente ao grupo municipal de EU Son. García de la Torre afirma que "nin o 6 de outubro nin noutra data inminente teño pensado dimitir” ao que engade que rematar o mandato "é idea e o meu compromiso”.