Venres, 2 Maio de 2025

Mos

Mos prepara o quinto Programa Integrado de Emprego

O IV Programa Integrado de Emprego de Mos aproxímase ao seu fin –xa que rematará o vindeiro 31 de outubro– coa quinta edición do programa xa en marcha. Segundo hoxe informou a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, xa se solicitou o novo Programa á Xunta de Galicia

Mos inicia os traballos de mellora do piso do «Pavillón Óscar Pereiro»

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou hai uns días a pista do Pavillón Óscar Pereiro, acompañado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, para comprobar o estado dos traballos de mellora do parqué desta instalación deportiva e para os que, a Secretaría Xeral do Deporte, concedeu ao concello unha subvención de 20.000 euros.

O ‘Miúdo Fest’ chega ao ‘Territorio Cultural As Pedriñas’ de Mos

As instalacións do CSCD As Pedriñas, en Tameiga, Mos, esta vindeira fin de semana o 'IV Miúdo Fest', Festival para persoas de mediana estatura. As entradas para o festival que conta co apoio da Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Tameiga, pódense retirar na cantina do CSDC As Pedriñas a un prezo de 5 € anticipada e 8 € na taquilla.

Mos abre expediente sancionador “por infracción moi grave” á empresa de recollida de lixo

O Concello de Mos vén de informar que, ante as deficiencias detectadas nas últimas semanas no servizo de recollida de lixo por mestura no mesmo camión dos residuos orgánicos procedentes dos colectores verdes, cos plásticos e envases lixeiros depositados nos amarelos, así como o papel e cartón dos azuis, a administración local abriulle á empresa concesionaria do servizo, Urbaser, un expediente sancionador por infracción moi grave.

A Xunta colabora con Mos no ‘Festival Demostra’ de cultura urbana

A Xunta de Galicia colabora co Concello de Mos na organización do Festival Demostra de cultura urbana. A conselleira de Política Social, Fabiola García, xunto coa alcaldesa Nidia Arévalo, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou na presentación deste evento que terá lugar o vindeiro sábado.

Éxito da ‘Holi Party’ e o ‘Festival Moseando’ de Mos

O concelleiro de Mocidade do Concello de Mos, Leo Costas, fixo balance esta mañá da Holi Party e do Festival Moseando, que tiveron lugar o pasado sábado 31 de agosto. “Estou moi satisfeito do éxito acadado nesta primeira gran festa da mocidade mosense, o ambiente foi excelente e o índice de afluencia de público moi bo, a pesar de tratarse da primeira edición", sinalou o edil.

Mos comeza a organización do deporte cara a vindeira tempada

Esta mañá celebrouse no Concello unha reunión organizativa entre o alcalde accidental de Mos, Camilo Augusto; a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo; o coordinador deste departamento municipal, e un total de 10 clubes deportivos entre os que se atopaban os tres de patinaxe, –Escolas de Patinaxe de Mos, Xiramos e Rosaleira–, o Club Natación Mos e varios clubes de fútbol sala, balonmano, baloncesto, e outros deportes.

Mos, unánime na adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte, durante a sesión ordinaria do mes de agosto e por unanimidade dos seus membros, a adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático.

Mos intensifica o control ante as verteduras incontroladas de residuos

O concelleiro de Medio Ambiente de Mos, Leo Costas, e o edil de Recollida de Residuos, Gonzalo Alonso alertaron hoxe públicamente do repunte de verteduras incontroladas dende finais da pasada primavera, situación ante a cal o Concello de Mos se atopa alerta, intensificando a vixilancia por parte tanto do propio departamento municipal de Medio Ambiente, dos concelleiros e da Policía Local.

O ‘Torneo de Xadrez Concello de Mos’ chega a súa cuarta edición

O Club Xadrez Mos organiza a IV edición do Torneo Concello de Mos que se realizará o próximo 7 de setembro. O venres presentábase no salón de sesións do Concello de Mos este evento incluído no Circuíto de Torneos (Circuito Galego da Promoción do Xadrez) prmovido pola Federación Galega.

Mos aspira a converterse nun municipio “pioneiro en igualdade”

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, veñen de reunirse en Santiago de Compostela coa secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, unha xuntanza incluída na rolda de visitas que a rexedora local iniciou hai uns días co goberno de Galicia.

A rotonda de Peinador, en Mos, contará cun grupo escultórico doado pola Deputación

A Deputación de Pontevedra fixo entrega hoxe ao Concello de Mos do grupo escultórico sobre emigración, realizado polo alumnado da Escola de Cantería, que se exhibirá de forma permanente na rotonda de Peinador do municipio mosense. Trátase de dúas esculturas, que xa se desfrutaron na exposición pública provincial 'Nado en Pedra', e que foron escollidas polo concello para embelecer e dar significado ao citado espazo público.