Mos foi este mércores o epicentro do desenvolvemento rural de Galicia. Por primeira vez, os 24 GDRs da comunidade déronse cita no Centro de Dotacións do Medio Rural de Torroso na segunda reunión da Mesa de Coordinación.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o Xefe da Policía Local, Gerardo Álvarez, anunciaron esta mañá que o Concello ven de coñecer a resolución favorable dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia para a adquisición mediante renting dun novo vehículo para a Policía Local mosense.
Desde o xoves, atópanse en marcha os traballos de reparación do pavimento de granito do Camiño de Santiago no Camiño da Rúa da Parroquia de Mos, mediante a retirada das pezas en mal estado non recuperables coa substitución por outras das mesmas características.
No seu afán de aniñar a inquietude e o desexo de dar resposta ás necesidades de adaptación, desenvolvemento e crecemento empresarial, recollidas entre o seu tecido empresarial ao longo dos seus 27 anos de existencia, a Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) puxo en marcha unha nova iniciativa que consolida a súa proposta de formación, considerada sempre un factor crave para as empresas, unha ferramenta estratéxica para unha mellora continua.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informan de que vén de chegar ao Concello o convenio coa Deputación de Pontevedra que regula o mantemento dos semáforos nas estradas provinciais que pasan polo municipio.
A concelleira de Educación, Julia Loureiro, acompañou ao alumnado do CEIP de Petelos nunha visita á escavación e prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras, organizada entre o Concello de Mos e a Comunidade de Montes de Pereiras.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras mosense, Camilo Augusto, informaron da adxudicación da obra de instalación da iluminación no vial alternativo de A Rúa en Santa Eulalia, parroquia de Mos, á empresa concesionaria que acometerá os traballos.
O venres 1 de outubro comezará a segunda fase da mellora do Cemiterio de Torroso, tras ser aprobado hoxe en Xunta de Goberno o pertinente plan de seguridade da obra.
Mos clausura o seu Obradoiro de Emprego “Mos Peregrino” a 15 días do comezo dun novo Obradoiro titulado “SOMOSMOS”, que impartirá especialidades de albanelería e atención sociosanitaria a un total de 20 persoas en situación de desemprego.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron, xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o instituto de Mos para comprobar o avance das obras de renovación de cubertas que a Xunta de Galicia está a acometer neste centro e que supoñen un investimento de máis de 410.000€
Onte, venres 24 de setembro, coincidindo coas efemérides do Día Mundial da Investigación Contra o Ccancro e o Día Mundial do Cancro de Tiroides, desde o Concello de Mos anúnciase a andaina prevista para o vindeiro 3 de outubro, organizada conxuntamente entre AECC Mos e a administración local mosense, baixo o lema ‘En marcha por un futuro sen cancro’.
Novo éxito de Eurochef cos seus showcookings para poñer en valor os produtos gastronómicos do territorio. Os chefs Iván Méndez e Álex Iglesias fixeron as delicias do público que se achegou ata o Pazo de Mos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.