Luns, 7 Xullo de 2025

Mos

I Torneo Fútbol a Pé Concello de Mos con motivo da Festa da Rosa

Esta mañá presentouse no Concello de Mos o I Torneo Fútbol pé incluído na programación da Festa da Rosa 2022 que se desenvolverá durante todo o día, de 10.00 a 21.00 horas, o vindeiro domingo, 19 de xuño, no Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro Tameiga.

Preséntase no Pazo de Mos “O libro da rosa”

Onte presentouse no Pazo de Mos "O libro da rosa". No acto de presentación estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e 4 dos 10 autores do libro.

90 deportistas foron homenaxeados onte, con motivo do Día da Rosa, no acto Xoga Mos c@s Mellores

Todos os clubes e deportistas individuais mosenses con logros deportivos durante os últimos 4 anos foron homenaxeados onte, 13 de xuño e Día da Rosa, ás 20h no Multiusos das Pozas, no acto titulado Xoga Mos c@s Mellores.

Espectacular pregón do Día da Rosa de Mos protagonizado polo himno municipal

Onte voltou o Día da Rosa con máis forza que nunca, incluso con maior participación de ramos que en edicións anteriores á pandemia.

90 deportistas serán homenaxeados o Día da Rosa no acto Xoga Mos c@s Mellores

Todos os clubes e deportistas individuais mosenses con logros deportivos durante os últimos 4 anos serán homenaxeados o vindeiro luns, 13 de xuño e Día da Rosa, ás 20h no Multiusos das Pozas, no acto titulado Xoga Mos c@s Mellores.

60 inscritos na listaxe municipal de demandantes de vivenda protexida en pouco máis dunha semana aberta

Desde o pasado 1 de xuño, data na que o Concello de Mos abriu a listaxe municipal de demandantes de vivenda protexida, xa hai inscritos 60 veciños e veciñas interesados en optar a esta futura oportunidade residencial no municipio.

Xa é realidade “O libro da rosa” de Mos, editado por Galaxia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, informaron de que xa se atopa rematado e listo para lanzar ás librerías o gran proxecto editorial que ten ao emblema heráldico de Mos como protagonista: “O libro da rosa”.

Inicio inminente de melloras en tres colexios de Primaria de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, informaron de que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia acometerá de inmediato, en canto finalice o presente curso escolar e rematen as clases, obras de mellora por preto de 500.000 euros nos Colexios de Educación Infantil e Primaria mosenses de Atín-Cela, Sanguiñeda e Petelos.

Mos asina os convenios sociais coas asociacións mosenses

O Concello de Mos asinou esta mañá os convenios de colaboración para as subvencións anuais a entidades sociais mosenses incluídas no orzamento municipal para este 2022.

Mos deroga o imposto de plusvalía para reducir a carga fiscal da veciñanza en momentos de crise

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte pola mañá por unanimidade a derogación do IMPOSTO SOBRE INCREMENTO DO VALOR DE TERREOS DE NATUREZA URBANA (IIVTNU).

A letra de Antonio Barros e Ialma pon letra ao Himno de Mos composto por Xulio Lorenzo

No Pleno desta mañá fixéronse públicas as votacións do concurso para elixir a letra do Himno de Mos, autoría do gaiteiro de Louredo, Xulio Lorenzo, no que resultou gañadora a proposta 2, presentada polos músicos mosenses Antonio Barros e Beatriz Gómez, Ialma.

Mos media para unha solución ao saneamento en San Antoíño

Representantes da Comunidade de Propietarios de San Antoíño xunto coa súa Administradora e o seu avogado, reuníronse no Concello de Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o técnico de administración xeral municipal e representantes do Consorcio de Augas do Louro.