Luns, 7 Xullo de 2025

Mos

Mos presenta en San Rafael o proxecto de humanización interior da urbanización

O equipo de goberno local, entre eles o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o edil da parrqouia de Pereiras, Leo Costas, e o concelleiro de Urbanismo, José Areal, presentaron xunto co arquitecto municipal autor do proxecto, Manuel Toucedo, o plan de urbanización interior a acometer na Urbanización de San Rafael.

Primeira visita escolar a Afouteza

Un total de 161 alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria do CEIP Atín-Cela, de Mos, participaron esta mañá nunha visita guiada polas instalacións da Cidade Deportiva Afouteza do RC Celta en Pereiras.

Esta fin de semana será o #mayosolidario do Banco de Alimentos

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo mobilizará 15 voluntarios este venres e sábado, 27 e 28 de maio, para participar no #mayosolidario organizado, por décimo ano consecutivo, por parte do supermercado Gadis.

A Xunta e o Concello de Mos analizan as alternativas para desenvolver vivendas protexidas

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, reuniuse esta semana coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e varios técnicos municipais, para tratar sobre o proxecto de impulso da vivenda protexida no concello e a tramitación dun novo parque empresarial na localidade.

Mos asina os convenios cos clubes deportivos locais

O Concello de Mos asinou esta semana no Multiusos das Pozas os convenios de colaboración para as subvencións anuais a clubes e deportistas locais incluídas no orzamento municipal para este 2022.

Máis de 200 participantes na iniciativa ‘As nosas Rosas nas Parroquias’ enchen de cor as asociacións mosenses

Máis de 200 persoas participan nos obradoiros As nosas Rosas nas Parroquias, que desde o Concello de Mos organizáronse como preámbulo á Festa da Rosa 2022 que se celebrará durante todo o vindeiro mes de xuño (do día 3 ao 26).

Xestión de axudas para as empresas, seguinte paso tras o inicio da demolición das naves incendiadas

A directora da Área de Investimento do Instituto Gallego de Promoción Económica, Igape, Raquel Rodríguez Espiño, e o técnico responsable da Oficina Sur do Igape, Miguel Fidalgo Iglesias, reuníronse na Axencia de Colocación do Concello de Mos.

Os deseñadores noveis poden inscribirse no concurso das Palilleiras de Mos ata o 24 de maio

As novas xeracións do deseño de moda teñen ata o 24 deste mes para inscribirse no Concurso de Noveis Deseñadores convocado pola Asociación de Palilleiras de Mos por segundo ano consecutivo.

A Deputación dá un novo impulso á estrada de Puxeiros

A Deputación de Pontevedra, que xa dispón dun convenio acordado co Concello de Mos para executar as obras do primeiro dos catro tramos da estrada provincial EP-2601 Mos-Puxeiros, deu hoxe un novo paso para continuar avanzando na transformación desta importante vía presentando o avance do proxecto do segundo tramo, que chegará ata Dornelas.

#haztevoluntario do Banco de Alimentos e participa no Maio Solidario de Gadis en Mos, Nigrán e Tui, os vindeiros 27 e 28 de maio

A Fundación Provincial Banco de Alimentos necesita voluntarios para poder desenvolver con éxito o #mayosolidario en supermercados Gadis de toda a provincia, incluído o situado en Sanguiñeda (Mos).

Máis de 100 persoas en 3 días reciben Coidados Porta a Porta en Mos

O autobús de Coidados Porta a Porta chegou a Mos onte e estará ata mañá ao carón do Multiusos das Pozas para ofrecer servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria aos maiores.

A pandemia trae unha Festa da Rosa renovada e mellorada

A Praza do Concello de Mos acolleu a presentación da Festa da Empanada de Pan de Millo e da programación ‘As Nosas Rosas nas Asociacións no Mes de Maio’, iniciativas organizadas con motivo da vindeira Festa da Rosa 2022 (Festa de Interese Turístico de Galicia).