9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosI Torneo Fútbol a Pé Concello de Mos con motivo da Festa...

    I Torneo Fútbol a Pé Concello de Mos con motivo da Festa da Rosa

    Esta mañá presentouse no Concello de Mos o I Torneo Fútbol pé incluído na programación da Festa da Rosa 2022 que se desenvolverá durante todo o día, de 10.00 a 21.00 horas, o vindeiro domingo, 19 de xuño, no Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro Tameiga.

    Na organización deste evento deportivo están implicados o Concello de Mos, o Club Louro Tameiga, Fútbol a Pé e a Real Federación Galega de Fútbol.

    Na presentación celebrada hoxe estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, José María Rial Chapela, director do proxecto ‘Fútbol a Pé’, Manuel Núñez, coordinador de zona do proxecto ‘Fútbol a Pé’ e Rosana Rodríguez Carrera, vicepresidenta do Club Louro Tameiga.

    Este Torneo forma parte dun circuito que se está a facer por toda a Área o 1º Torneo foi en Cangas o domingo pasado. O 2º é o vindeiro domingo en Mos. E os seguintes en Pontevedra, Sanxenxo e Gondomar.

    Os obxectivos son promocionar este deporte interxeracional, cero competitivo e cun carácter íntegramente lúdico, para que o gran público o coñeza e se anime a practicalo de cara á vindeira tempada 2022-2023. E sobre todo que cada participante o pase ben e llo faga pasar ben aos demais participantes.

    A inscrición é totalmente gratuíta e pode realizarse ata mañá por correo electrónico no enderezo futbolapie@gmail.com e telefónicamente por whatsapp no número 610 70 44 50. Desde Fútbol a Pé encargaranse de formar os equipos do xeito máis equilibrado posible, sen carácter competitivo. A día de hoxe xa contan con máis de 60 persoas inscritas.

    Trátase dunha inscrición aberta ao público en xeral de todas as idades, xa que será unha xornada de convivencia na que poden participar avós e netos… pais e fillos… Ao mediodía farase un xantar de confraternidade na cafetería do Campo de Fútbol de Cototorrón. Será unha xornada do máis agradable con carácter interxeracional e na que compartir xuntos deporte e bos momentos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.