Mércores, 14 Maio de 2025

Tomiño

A mocidade tomiñesa organiza actividades para o Nadal

A técnica municipal de xuventude e a concelleira de Mocidade reuníronse a semana pasada a través de videoconferencia cos representantes de Voces Novas, o Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, para traballar na organización de actividades neste Nadal.

O PSOE de Tomiño pide que a a aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible non quede “só sobre o...

A Corporación Municipal de Tomiño aprobou por unanimidade, no último pleno ordinario do mes de novembro, o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES). A concelleira do PSdeG-PSOE Mirta Misa insistiu en que as propostas "non queden tan só sobre o papel" porque considera imprescindible "informar e asesorar á veciñanza na tramitación das axudas para a adaptación das vivendas, implantar puntos de recarga para vehículos eléctricos, transporte público axeitado, etc".

O deputado do BNG no Congreso visita Tomiño para interesarse polo proxecto da biblioteca municipal

O deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, realizou unha visita institucional ao Concello de Tomiño este mércores para interesarse polo proxecto da biblioteca municipal, un dos máis importantes na axenda do goberno local. O deputado nacionalista xa solicitou o apoio do Ministerio de Fomento para axudar a financiar a súa construción a través dunha das enmendas presentadas na negociación dos Orzamentos Xerais do Estado que tivo lugar recentemente.

Éxito da aula de estudo de Tomiño, con máis de 100 rexistrados en menos dun mes

O éxito da aula de estudo inaugurada fai menos dun mes en Tomiño superou todas as expectativas e xa está sendo empregada por ducias de usuarios. En apenas 25 días desde que se abriu o proceso de inscrición para obter a tarxeta de acceso, máis de 100 persoas a solicitaron e recibiron xa, moi por encima das previsións do goberno local.

Tomiño lanza a campaña “Nadal + Nadal”, con ata 3.000 euros en premios mercando no comercio local

Este Nadal vai ser a todas luces diferente, marcado e atravesado pola situación de pandemia actual, e desde o Concello de Tomiño teñen claro que máis que nunca é necesario dar un impulso ao comercio local para que poida afrontar a campaña natalicia do mellor xeito posible.

A planta ornamental e a flor cortada do Baixo Miño, xa ten selo que identifica a súa calidade e sustentabilidade

A planta ornamental e a flor cortada cultivadas no Baixo Miño contan xa cun selo identificativo que garante a súa calidade e sustentabilidade grazas á iniciativa da Deputación de Pontevedra e da Asociación acuBam. Esta distinción é parte da nova campaña lanzada para animar á cidadanía a mercar este produto de proximidade que constitúe un dos principais sectores na actividade económica nesta comarca e que este ano estivo marcado por unha profunda crise con motivo da pandemia da Covid-19.

As socialistas de Tomiño reafirman a súa aposta polo comercio local

"Sen comercio local, desaparece a vida e a identidade dun pobo", así de claras expersáronse as concelleiras socialistas de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa que, acompañadas por Ana Silva, iniciaron onte sábado un percorrido polo comercio e a hostalaría local.

Tomiño avanza na creación do Arquivo da Imaxe Municipal

O Concello de Tomiño concluirá nas vindeiras semanas a primeira fase de creación do Arquivo da Imaxe Municipal, un proxecto co que se pretende recoller, dixitalizar e arquivar as imaxes producidas polos veciños e veciñas do concello ao longo dos anos.

Tomiño realiza labores de adecuación nas instalacións deportivas

O Concello realizou labores de adecuación nas instalacións do Club Deportivo Miño-Teixugos, no complexo deportivo do Mosteiro e no pavillón de deportes de Goián

Tomiño conta xa con WIFI de balde na praza do Seixo

Os veciños e veciñas de Tomiño que visiten a praza do Seixo ou o campo da Feira xa poden conectarse de balde á rede WIFI de alta velocidade “WIFI4EU”, que vén de ser activada.

‘Bernarda’, a catro veces galardoada nos premios María Casares, interpretada este sábado en Tomiño

O vindeiro sábado 28 de novembro ás 20:30 horas representarase no Auditorio de Goián a obra teatral ‘Bernarda’, unha exquisita peza que vén de recibir catro galardóns nos XXIV Premios de Teatro María Casares outorgados recentemente. A obra está encadrada dentro da programación para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Tomiño aproba no pleno municipal o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible

Esta semana o Concello de Tomiño aprobou co voto a favor de toda a corporación municipal o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES), un conxunto de accións que definirá a estratexia do municipio á hora de enfrontarse ao problema do cambio climático.