16.8 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiño‘Bernarda’, a catro veces galardoada nos premios María Casares, interpretada este sábado...

    ‘Bernarda’, a catro veces galardoada nos premios María Casares, interpretada este sábado en Tomiño

    A obra estará no Auditorio de Goián o vindeiro 28 de novembro ás 20:30 horas

    O vindeiro sábado 28 de novembro ás 20:30 horas representarase no Auditorio de Goián a obra teatral ‘Bernarda’, unha exquisita peza que vén de recibir catro galardóns nos XXIV Premios de Teatro María Casares outorgados recentemente. A obra está encadrada dentro da programación para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

    “Bernarda” é unha historia próxima, comprensible e universal. Todas coñecemos a alguén como Bernarda e todos temos un pouco de Bernarda. O choque entre nais/pais e fillos/fillas é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos, vemos a realidade diferente. Cando somos fillos/as queremos romper coas normas que nos impoñen e cando nos convertemos en pais/nais vémonos na obriga de impoñer normas.

    Este choque xeracional sucede na vida mesma e tamén en  “Bernarda”, por momentos fainos chorar, porque as situacións son tensas e duras, e outras veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa coma unha necesidade de desafogo e de liberación.

    Bernarda é unha muller dura e loitadora que non entende nen de música, nen de minifaldas, nen de guateques, nen de ningunha das novas modas da mocidade da época e a súa intención é clara: “Mentres eu viva, nesta casa non vai a mudar nada e as cousas van facerse como teñen que facerse.” O público presente coñecerá se chega a conseguilo ou non. A función terá unha duración aproximada de 70 minutos, está dirixida a un público maior de 14 anos e o prezo da entrada será de 5 euros. As entradas poden ser reservadas a través do correo cultura@tomino.gal ou chamando ao número 986 62 20 01.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.