Xoves, 15 Maio de 2025

Tomiño

Máis de 93 mil peregrinos realizaron o Camiño Portugués en 2022

Máis de 93 mil persoas realizaron en 2022 o Camiño Portugués. Segundo os datos proporcionados pola Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago 93.184 peregrinos e peregrinas recibiron a “Compostela” logo de realizar o Camiño Portugués.

O Servizo de Atención Temperá do Baixo Miño atende xa a 88 familias da comarca

O Servizo de Atención Temperá (SAT) da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño segue crecendo de forma paulatina dende a súa posta en marcha a finais de 2020.

Tomiño volve encher o seu monte de vida autóctona

O Concello de Tomiño pon en marcha por segundo ano consecutivo a campaña ‘Enche o teu monte de vida autóctona’, unha iniciativa a través da que se entregará planta forestal frondosa e autóctona á veciñanza.

Identifican unha nova fortaleza do século XVII no Tomiño

Unha nova fortaleza do sećulo XVII identificada no concello de Tomiño reflicte a importancia que a Guerra da Restauração tivo na fronteira galego-portuguesa, especialmente, no Baixo Miño.

A Mancomunidade do Baixo Miño pedirá unha partida orzamentaria excepcional para os danos provocados polas choivas

Alcaldes da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño reuníronse este luns de urxencia para valorar os cuantiosos danos sufridos nos catro concellos (A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui) tras o temporal e as abundantes choivas acumuladas durante a xornada de ano novo.

Tomiño mellora a eficiencia enerxética do alumeado público na rúa Gondomar

Tomiño segue avanzando na transformación enerxética do municipio. O Concello vén de completar os traballos de mellora do alumeado público na rúa Gondomar. En total, substituíronse 33 luminarias por luces LED de 135 watios, seguindo a normativa vixente.

A campaña Nadal + Nadal reparte premios en Tomiño

A campaña ‘Nadal + Nadal 2022. As túas compras de Nadal en Tomiño valen dobre’, organizada polo Concello de Tomiño para impulsar o comercio local repartiu vales de compra por un total de 3.000 euros.

O Apalpador baixa das montañas para visitar aos nenos de Tomiño

O Apalpador é un home grande que vive nas montañas de Lugo, ocupado todo o ano en facer carbón. Vestido cun traxe vello e cheo de remendos, con boina e ataviado cunha gran barba, cada ano baixa das montañas para visitar aos nenos tomiñeses.

Tomiño formará a 15 auxiliares en atención sociosanitaria a persoas no domicilio

O Concello de Tomiño comezará o ano cun novo curso gratuíto a través do que tomiñeses poderán formarse como auxiliares de atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

322 quilos de alimentos recadados na Ruta Solidaria Ponte Nafonso Racing 2022

A Asociación Ponte Nafonso Racing finalizou o ano cunha nova ruta automobilística solidaria polo Concello de Tomiño.

O Nadal conquista ao público infantil no Mercado de Tomiño

O Concello xa ten todo listo para acoller a vindeira semana ‘O Nadal no mercado’, unha programación totalmente de balde pensada para conquistar aos máis pequenos da casa e que terá como escenario central o Mercado de Tomiño.

Cerca de 900 mozos elixen a organización de xogos e actividades musicais transfronteirizas para o 2023

Tomiño e Cerveira contan xa con novos proxectos de actividades compartidas para o vindeiro ano. A mocidade dos dous municipios escolleu por maioría dous proxectos relacionados cos xogos tradicionais e con actividades musicais como gañadores dunha nova edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2023.