Luns, 12 Maio de 2025

O Baixo Miño

O goberno municipal de Caminha visita O Rosal

O Goberno da Câmara de Caminha, encabezado polo seu presidente, Miguel Alves, visitou no día de onte o Rosal onde foron recibidos polo goberno rosaleiro coa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís ao fronte. Na xuntanza de traballo mantida polos dous gobernos locais, comezaron a establecerse os puntos en común "para vertebrar unha relación con vínculos sólidos entre ambas beiras do Miño".

A Guarda ofrece, na fin de semana, visitas guiadas, música e exposicións

Como se fora preciso buscar algunha excusa para achegarse a un lugar fermoso como poucos, que é A Guarda, o Concello ofrece unha fin de semana chea de actividades para toda as idades nas que a música, as visitas guiadas e as exposicións, teñen un lugar destacado. Se a iso unímoslle unha feira de oportunidades, o plan xa está feito

Concerto de Lucía Pérez e A Roda este venres en Oia

O casco histórico de Oia encherase de música a noite deste venres 16 de agosto co concerto gratuíto A Roda da Igualdade, un proxecto no que a artista Lucía Pérez e o grupo A Roda queren amosar exemplos de música popular con discursos alonxados do discurso machista e misóxino e amosando un novo imaxinario e un novo discurso: o da igualdade.

A Guarda continúa coa «Música nas Prazas coa actuación «Blues do País»

O vindeiro venres día 16 de agosto a Praza de Avelino Vicente (As de Copas) acolle a segunda cita do Música nas Prazas 2019, cuarto ano desta actividade promovida dende a concellería de Cultura do Concello da Guarda e que este ano conta cun total de 3 concertos nas Prazas de San Queitano, Avelino Vicente e Os Seixiños.

A Guarda organiza unha visita guiada ás salinas romanas

O Concello da Guarda organiza, para o vindeiro sábado día 17 de agosto, unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal. Esta visita, que conta coa coordinación de Anabam, realizarase de xeito gratuíto con saída ás 10:45 h dende o Porto da Guarda e un percorrido aproximado de 2 horas empregando a senda litoral.

Máis de 70 ciclistas daránse cita no ‘XXVIII Trofeo Pista as Faias’ do Rosal

A Casa do Concello do Rosal acolleu, no día de hoxe, a presentación do 'Trofeo Pista as Faias' de ciclismo –que con esta, acada a súa vixésimo oitava edición– nun acto presidido pola alcaldesa, Ánxela Fernández Callís á que acompañaban o concelleiro de Deportes, Gerán Fernández e Gerardo Álvarez, José Ramón Villa e Eva Lomba, co Club Ciclista O Rosal.

Tui contratará, nas vindeiras semanas, aos catro titulados/as do programa ‘O teu primeiro emprego’

O Concello de Tui contratará nas próximas semanas aos catro titulados universitarios e de Ciclos superiores ao abeiro do programa da Deputación “O teu primeiro emprego”. Para iso na actualidade estanse a tramitar as bases reguladoras, que rexerán estes procesos selectivos de Guía de turismo, Xornalista, Técnico en Audiovisuais e Enxeñeiro Técnico Forestal, tras a súa aprobación.

Tui licita os sete proxectos pendentes do Plan Concellos 2017

O goberno municipal do Concello de Tui vén de licitar os sete proxectos que estaban pendentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra por un importe de 500 mil euros. Estas obras teñen que estar executadas antes do 30 de novembro deste ano, xa que en caso contrario se perderían as achegas da institución provincial.

Catro persoas incorpóranse ao cadro de persoal de Tomiño ao abeiro do programa ‘O teu primeiro emprego’

Catro novas persoas incorporaranse nas vindeiras semanas ao cadro de traballadores do Concello de Tomiño, a través do programa da Deputación Provincial, 'O teu...

O Concello da Guarda pide a colaboración cidadá para respectar o patrimonio do Monte Santa Trega

O Concello da Guarda vén de pedir a colaboración cidadá para que, con motivo das Festas do monte, veciñanza e visitantes "respecten as sinalizacións que delimitan os espazos protexidos dun elemento patrimonial tan importante para a nosa vila como o é o Monte Santa Trega, evitando o uso da zona arqueolóxica para o xantar, de xeito que non se produzan agresións que provoquen danos nas estruturas".

A Guarda establece un dispositivo especial de tráfico para o ‘Día do Monte 2019’

A Concellería de Mobilidade e a Concellaría de Tráfico do Concello da Guarda, veñen de poñeren marcha un dispositivo de tráfico para o 'Día...

Visita guiada gratuíta á ‘Ruta dos Pasos de Auga’ en Ribadelouro, Tui

O Obradoiro de Emprego Percorre Tui deseñou dúas novas rutas no municipio a dos 'Pasos da Auga' e a de 'Porta do río Tripes' que poñen en valor o patrimonio natural e cultural do municipio e que en parte transcorren polo Camiño de Santiago. Para dalas a coñecer o Concello de Tui organiza dúas visitas guiadas gratuítas, o martes 13 e o xoves 22, a cargo do alumnado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante do obradoiro Percorre Tui.